Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Liga da Costa: Unha Esteirana intratable no sur e un choque de favoritos no norte

Gran xornada a vivida na Liga da Costa cun encontro entre candidatos ao ascenso en cada subgrupo. No A, a Esteirana levouse o gato á auga ante o Cee, mentres que no B San Lorenzo e Coristanco empataban. Unha xornada, a terceira, na que descansaban Muxía e Nantón e na que se suspendeu o Sporting Zas-Castriz polo falecemento dunha persona moi achegada á familia visitante.
Cabana - Buño
Cabana - Buño
Liga da Costa: Unha Esteirana intratable no sur e un choque de favoritos no norte

Cee 0 – 2 Esteirana

Cee: Maikel; Josiño, Chema, Ángel Golpes, Tomás; Cote (Antón Lestón, 54’), Jose (Pablo Lestón, 73’); Luis Lojo (Cristian, 46’), Patera, Bruno (Brais, 73’); Isaac.

Esteirana: MJ; Codesido, Suizo, Manuel Tobío, Simón; Dani, Pachi, Óliver; Carajillo (Sergio, 90’), Raúl (Rodrigo, 86’) e Elías (Álvaro, 62’).

Goles: 1-0, 88’: Carajillo / 2-0, 94’: Pachi.

Cee - Esteirana

Chegaba un dos encontros máis esperados neste subgrupo co todopoderoso Esteirana visitando a un Cee que aspira por competirlle os postos de arriba, pero que unha vez máis viu como se lle escapaban puntos na recta final. Non obstante, o inicio dos de Rafa foi moi bo, tendo dúas grandes ocasións nas botas de Luis Lojo e protestando un penalti que parecía evidente sobre Bruno. Pero os visitantes, aínda sen os irmáns Rama por molestias, foron collendo os mandos do partido a medida que ía correndo o tempo e incluso acabaron mellor antes do descanso, pese a non meter en problemas a Maikel.

Tampouco MJ tivo moito traballo nun encontro deses nos que se nota o nivel e a tensión de ambos equipos e no que custaba moito encontrar espazos nas defensas. De feito, na segunda parte repetiuse o guión da primeira, cun Unión que buscaba as transicións rápidas e cunha Esteirana que intentaba chegar a través do dominio, pero sen crear oportunidades claras. Pero mentres que Isaac e Cristian non acertaban, Carajillo si a mandou á rede a falta de dous minutos. Foise entón o Cee para arriba en busca do empate e xa na derradeira xogada chegou o gol de Pachi.

Muros 2 – 1 Outes

Muros: Xandre; Dani, Flavio (Juanchi, 85’), Iván Cerilla (Jesús, 73’), Gesto; Xaco, Varo, Saúl (Jose, 65’); Ivi, Xavi (Thiago, 82’) e Rubén.

Outes: Álex; Cutu, Babu, Martín; Yura;  Iván, Chía;  Aarón (Ryan, 76’), Adrián Liste, Michi (Eloy, 68’); Roberto.

Goles: 0-1, 55’: Roberto, de penalti / 1-1, 58’: Xavi, de penalti / 2-1, 89’: Gesto.

Chegaba o Outes ao difícil campo do Muros para confirmar esas boas sensacións das dúas primeiras xornadas pero atopou un rival que no Eleuterio Balayo vai perder moi pouquiños puntos. O encontro tivo dúas partes moi diferenciadas. Na primeira, os locais morderon moi arriba e fixeron méritos para ir por diante ao descanso, pero entre a falta de puntería e Álex o impediron.

Fixo efecto a charla de Miguel no descanso porque o da segunda parte parecía un Outes renovado, que comezou a dominar a posesión e a crear perigo a través do seu tridente ofensivo, sobre todo do pichichi, Roberto, que provocaba o penalti que se convertería no 0-1.  Aínda así, no mesmo saque de centro o Muros colgou un balón a área que rematou no segundo penalti do encontro e que supuxo o empate. E xa a punto de chegar ó final, Gesto facía o gol da vitoria ao rematar a gol un saque a balón parado.

Lira 0 – 2 Baiñas

Lira: Balayo; Isaac (Pablo Rey, 32’), Cartamil, Sebas, Mijeliño (Yago, 44’); Ángel (Marcos Porto, 88’), Lucas, Mamadou (Raúl Do Sil, 45’), Fran Perico (Santi Cubelo, 60’); Juan e Oli.

Baiñas: Carliños; Chicote, Samuel, Hermida, Dylan; Esteban, Adrián, Oreiro (Raúl González, 65’), Ruli (Lucas, 68’); Brais Tajes e Charly.

Goles: 0-1, 27’: Ruli / 0-2, 88’: Charly.

Dramático foi para os locais o partido xogado en Lombáns na tarde do domingo. Porque o Lira saíu ben ante un Baiñas que, desta vez, non quixo arriscar dende o minuto un. De feito, os de Gabri conseguían o 1-0 nunha acción anulada por un fora de xogo que consideran inexistente. Tras iso, mancouse Migueliño, o que fixo que o Lira perdese un pouco do seu dominio inicial. Aí aproveitaron os visitantes para nunha das súas primeiras ocasións facer o 0-1 cun gran disparo de Ruli. E xusto antes do descanso, Balayo íase expulsado tras unha falta fóra da área.

Púxose todo máis negro para o Lira cando no comezo da segunda parte, Cartamil tamén vía a tarxeta vermella, pero aínda así os locais foron quen de aguantar ata os últimos minutos, cando Charly fixo o 0-2.

Monte Louro 0 – 1 Camariñas

Monte Louro: Hugo; Miguel, Juan Lois, Bolo (Juan do Sivil, 65’), Pablo Vidal; Lue, Riki, Dani Sahorta; Piti (Íker, 82’), Xian (Geiko, 57’) e Pesco.

Camariñas: Pablo; Barreiro, Oli, Roi, Pablo Suárez; Moriño, Carlos da Arnela; Mario, Saviola (Hugo, 84’), Martín Nazo (Víctor Bouzas, 79’); Brandon.

Goles: 0-1, 90’: Mario.

Mala sorte que tamén está a ter o Monte Louro, que a semana pasada caía por un resultado demasiado diferencial en Outes e que onte quedaba sen puntos no último minuto. E iso que os de Bibi comezaron moito mellor que o Camariñas, amosando que se atopan moi cómodos cando xogan na Agra da Filgueira. Os locais protagonizaron a gran parte das ocasións claras da primeira parte, incluíndo un penalti tirado por Pesco que detivo Pablo.

Pero tras o paso por vestiarios, e sobre todo a partir da hora de partido, o esgotamento comezou facer dano a un Monte Louro que xa non era quen de tapar tantos espazos. E ante iso, o Camariñas é unha auténtica bomba de reloxería debido á tremenda velocidade e o descomunal talento que teñen arriba. Melloraron os da terra do Encaixe, que sumaron ocasións ata conseguir o gol nunha conexión entre os irmáns Suárez na última do encontro. Pablo correu a banda para chegar a un balón que parecía imposible e Mario rematou o seu centro no segundo pau para darlle tres novos puntos aos camariñáns.

SUBGRUPO B

Cerqueda 1 – Malpica 2

Cerqueda: Óscar; Dani, Javi Souto, Breogán, Marcos Pensado; Iván; Jonathan (Manu Guillamet, 46’), Breo Rey, Lorenzo, Aarón; Andrés (Cristian Méndez, 46’).

Malpica: Damián; Mante, Laik, Lorenzo, Andy; Esmorís, Aday; Alberto Hombre (Aitor, 80’), Jairo, Roberto (Andi Rey, 71’); Iván.

Goles: 0-1, 27’: Laik / 1-1, 61’: Cristian Méndez / 1-2, 71’: Aday Mato.

Choque moi emocionante e con varias ocasións o vivido en Xaviña con motivo dun dos derbis malpicáns que se verán esta tempada e que se puido desfrutar (e se pode desfrutar agora en diferido) en www.qpctv.gal . O Malpica volveu a repetir o plan do seu primeiro encontro, dominando moito a posesión e indo con moita xente ao ataque, pero esta vez ademais foi quen de facer goles. Incluso puido facer algún máis nunha primeira parte que dominou de comezo a fin e no que so atinou a mandala á rede Laik, tras rematar un córner que fora peiteado no primeiro pau.

A entrada de Cristian e de Manu Guillamet fixo mellor ao Cerqueda tras o descanso, e despois de probar un par de veces a Damián, o propio Cristian Méndez empataba o partido aproveitando unha xogada embarullada dentro da área. O gol non lle baixou os brazos aos locais, que seguiron buscando a portería do Malpica. Pero nunha contra, unha gran xogada entre algúns dos homes con máis talento dos visitantes (Aday, Jairo e Alberto Hombre), culminaba cun golazo de Aday para sentenciar o encontro.

San Lorenzo 2 - 2 Coristanco

San Lorenzo: Puyol; Gures, Raúl, Eloy Ferreiro, Lucho, Fidi (Javi Puñal, 77’); Garrido, Taibo (Alexis, 64’), Eloy (Daniel Padín, 64’); Diego Varela (Styven, 77’) e Brais.

Coristanco: Rubén (Diego, 45’);  Samu, Belar, Lagoa, Nico; Mario; Borja (Adrián, 76’), Damián, Villajos, Dani Casti (Sergio, 71’);  Jose Pazos (Kevin, 83’).

Goles: 1-0, 22’: Eloy Ferreiro / 1-1, 37’: Dani Casti / 1-2, 48’: Gonzalo Villajos / 2-2, 90’: Eloy Ferreiro.

Encontro moi marcado polo estado do terreo de xogo o que se disputou en Verdillo na tarde do domingo e que enfrontaba a dous dos actuais líderes do subgrupo. Un mal estado que fixo que o balón parado fose o protagonista total, sendo a vía de chegada dos catro goles. Comezou mellor o San Lorenzo, pechando ao Coristanco no seu campo e chegando á área rival con continuos centros laterais. Un deses provocou un córner que acabaría no primeiro gol de Eloy, que empurraba a rede un balón tocado previamente por Fidi. Espertou entón o cadro de Juni que comezou a dominar, o mellor que se podía, a pelota, e lograba o empate nun saque de banda prolongado por Mario e rematado por Casti.

Unha xogada que calcaría no inicio do segundo tempo, aínda que desta vez era Villajos o que remataba a gol para darlle a vitoria momentánea aos da terra da pataca. O temperán gol fixo que aos visitantes se lles fixera moi longa unha segunda metade na que chegaron a quedar con dez pola, aparentemente grave, lesión de Samu e na o San Lorenzo volveu a bombardear sen descanso a área rival, ata que Eloy conseguía a igualada co seu doblete particular.

Cabana 5 – 1 Buño

Cabana: Víctor (Diego Suárez, 70); Pablo Senande, Iván (Simón, 57’), Pablo Márquez (Nando, 60’), Raúl; Moreno, Sergio, Cachadiña; Manu de Borneiro (Sergio Antelo, 68’), Diego Castro (Rubén Reigia, 66’) e Aarón.

Buño: Lamas; Adrián (David, 46’), Jose, Canedo (Jorge Calvete, 46’), Dourado (Sergio Bastón, 73’); Fran, Luis Miguel (Eloy, 46’), Ferreiro (Martín, 73’); Omar, Yago e Juan de Antelo.

Goles: 0-1, 16’: Jose / 1-1, 29’: Diego Castro / 2-1, 34’: Cachadiña / 3-1, 38’: Raúl Fernández / 4-1, 58’: Sergio / 5-1, 89’: Rubén Reigia.

Pintaba moi ben o encontro das Redondas con dous equipos que esta tempada apostan pola posesión e o xogo ofensivo pero a grave lesión de Canedo rompeu a un Buño que entrara mellor e que incluso comezara gañando co gol de Jose tras rematar un córner. O Cabana reaccionou e da mesma forma que encaixara, de saque de esquina, fixo os goles da remontada xusto antes de que se producise esa dura lesión do central do Buño.

A segunda parte tivo algún intento de reacción por parte dos visitantes coa entrada de Eloy e David, pero non foron quen de facer o tanto que os volvera a meter no partido. En cambio o Cabana si amosou ese olfacto de gol marcando o cuarto nunha das súas primeiras oportunidades tras o descanso. E xa ao final, Reigia remataba a goleada.

Comentarios