Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Liga da Costa ponse en marcha

O Corme nun choque de pretemporada-Foto-Fin Lema
O Corme, que volve á Liga da Costa, nun choque de pretemporada-Foto-Fin Lema
A Liga da Costa ponse en marcha

Segunda fin de semana de fútbol da Costa, e desta volta o protagonismo é para a prezada Liga da Costa. Arrinca a 2ª Galicia, volvendo ao formato habitual de 16 equipos e unha longa liga de 30 xornadas para alcanzar o posto de ascenso directo ou os dous postos de promoción, e tentar evitar as 2 prazas de descenso.

Tralo marcado de fichaxes, e analizando a lista de adestradores, os especialistas consideran que os favoritos a estar no podio son os recén descendidos Ponteceso e Corme, compartindo protagonismo con dous equipos que acabaron o ano pasado como auténticas locomotoras: Muxia, Castriz. Pero cómpre non descartar a outro recén descendido, un Volantes que hai que ver como se adapta á categoría.
Fálase tamén moito do Coristanco e o San Lorenzo, que poderían ser o equipo revelación do curso, ao igual que un Monte Louro que tamén acabou moi ben a temporada.

A tempada arrinca con partidos tan bonitos como o San Lorenzo-Corme, o Cabana-Volantes, o Ponteceso-Coristanco, o Cerqueda-Muxía ou un histórico como o Muros-Cee.

O Dumbría-Mazaricos centra a atención da segunda xornada da 1ª Galicia. Os dous equipos venceron na primeira xornada e queren manter a liña.

Ademais, na Preferente, o Fisterra visita As Pontes e o Sofán intentará sumar en Sarria.

Comentarios