Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Ligas Galegas: Dumbría, Xallas e Bergan volveron ás Ligas Galegas

Xallas-Cadetes de Liga Galega copia
O Xallas de Liga Galega Cadete
Ligas Galegas: Dumbría, Xallas e Bergan volveron ás Ligas Galegas

Arrincou esta pasada fin de semana o fútbol base, que xa tendes en www.futboldacosta.com. O Dumbría ten equipo nas 3 categorías, como o Bergan (que ademais ten equipo na División de Honra Cadete), e o Xallas en Cadetes. Os resultados non foron os mellores, pero non hai tempo para lamentarse porque este xoves volve haber competición.

 

Liga Galega Xuvenil, Subgrupo Norte C, Xornada 1

  • Resultado: CF Dumbría - CD Conxo Santiago B (2-2)
  • Goles: 1-0, m.4: Raúl; 2-0, m.5: Dani; 2-1, m,15; 2-2, m.63.

Partido con moito ritmo o principio pero que pouco a pouco foi baixando, notándose a inactividade sobre todo nos rapaces costeiros, que apenas levan 2 semanas adestrando.

Empezou moi ben o Dumbría de Martín Vecino adiantándose con goles de Raúl e Chao e dispuxo de varias ocasións para aumentar a renta. Co paso dos minutos o Conxo Santiago foi asentándose e pasou a dominar e antes do descanso recortou.
Na segunda parte volveu o Dumbria a tomar a iniciativa e dispuxo dun penalti pero errouno, o Conxo volveu a dominar e logra empatar, tamén de penalti.

 

Liga Galega Cadete, Subgrupo Norte C, Xornada 1

  • Resultado: Imperátor - Xallas (3-1)
  • Goles: 1-0, m.8; 1-1, m.40: Mauro; 2-1, m.44; 3-1, m.80: de penalti.

Partido máis igualado do que sinala o marcador, cun Xallas que estivo metido no partido ata o pitido final, cando o Imperátor sentenciaba dende os 11 metros. O equipo de César Romero e Jota amosou un bo partido.

 

Liga Galega Cadete, Subgrupo Norte C, Xornada 1

  • Resultado: Bergantiños FC B - CF Dumbría (2-1).
  • Goles: 1-0, m.6: Diego Blanco; 2-0, m.68: Samuel; 2-1, m.70: Fabio.

Dumbria Liga Galega Cadete copia

Partido de rivalidade nas Eiroas entre o cadete B do Bergan, adestrado por Chema Eirís, e o cadro de Huelvis. Foi un choque moi igualado, que se decidiu nosúltimos 20 minutos. Foron tres fases, comezando cun Bergan moi enchufado e mellor plantado, con máis claridade. A partir de aí o Dumbría equilibrou e mesmo tivo un par de chegadas con certo perigo.

Comezaba moi igualada a segunda, e parecía que a entrada de Manu Martínez e Sandro envalentonaba ao cadro visitante, ante un Bergan que tivo tamén un par de boas contras que tivo que resolver o meta dumbriés, Santos. Cando mellor estaba o Dumbría, unha contra derivou nunha falta lateral que provocou o primeiro gol do Bergan. Apenas 3 minutos despois chegaba o segundo ante un Dumbría algo tocado. Pero aínda tivo tempo para reaccionar e Fabio facía o 2-1, con 10 minutos por diante, co Dumbría volcado e o Bergan sacando tamén algunha contra.

 

Liga Galega infantil, Subgrupo Norte C, Xornada 1

  • Resultado: ED Xuventude Oroso - CF Dumbría (4-0).

Os de Joaquín aguantaron ben a primeira metade, pero o partido, ante a inactividade, fíxoselles costa arriba. O cadro local marcaba abría a lata ao fío do descanso, e na segunda foi completando a goleada.

 

comentarios