Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Louro acollerá o Campus de Verán do Celta

Inés Monteagudo, alcaldesa do Concello de Muros, con Juan Martínez, concelleiro e Germán Arteta, director da Fundación Celta, na presentacion do Celta Campus en Muros

Este venres 28 de xuño, presentábase o segundo Campus de Verán que a Fundación Celta realiza en Muros. A actividade, que se desenolverá do 1 ao 7 de xullo no campo de fútbol municipal da Agra da Filgueira (Louro), contará coa presenza de máis de 20 cativos/as (de 4 a 16 anos). Moitos xa participaron noutras actividades como os Clínics de Nadal e Semana Santa e a Escola de Tecnificación que tivo lugar neste curso 2018/19.

O horario será de 10.00 a 14.00 h, se ben o venres os nenos e nenas quedarán a comer no campo e pola tarde farase a entrega dos diplomas nunha actividade na que poderán participar os pais e as nais.

Comentarios