Domingo. 07.08.2022
El tiempo

Mazaricos abre o prazo para o seu Campus de Fútbol

Campus 2017 MAZARICOS
Imaxe do Campus de 2017
Mazaricos abre o prazo para o seu Campus de Fútbol

Xa podes, ata este venres 1 de xullo) inscribir á túa criatura, se ten entre 5 e 14 anos, ao V Campus de Fútbol de Mazaricos. Do 11 ao 29 de xullo, a rapazada poderá disfrutar no campo da Picota de fútbol, pero tamén de estornela, fútbol gaélico e un sinfín de actividades deportivas.

Podes chamar ao 981 86 71 04. O prezo é de 25 € por nena/o, e vai incluída a roupa de adestramento.

O V Campus de Fútbol Mazaricos está organizado polo Concello en colaboración co Mazaricos CF. Conta co patrocinio de Piensos Albores.

campus mazaricos

comentarios