Luns. 26.10.2020
El tiempo

O Muíño do Pozo do Cachón acolle este sábado o pioneiro sorteo da Copa da Costa

Sorteo Copa da Costa 2020 en Muros
Sorteo Copa da Costa 2020 en Muros
O Muíño do Pozo do Cachón acolle este sábado o pioneiro sorteo da Copa da Costa

Rompeu moldes o ano pasado o Sorteo da Copa da Costa celebrado no Castelo de Vimianzo. Quere manter o pulso a Real Federación Galega de Fútbol, que escolleu o Muíño das Mareas do Pozo de Cachón, en Muros, para a celebración do sorteo da 57ª edición da competición masculina (con 34 equipos, ante a baixa do Castrelo) a a 2ª da feminina (con 4 equipos).

A cita será este sábado 29 de febreiro ás 12 horas do mediodía, nun acto no que a RFGF fará varios recoñecementos especiais a persoas relacionadas co fútbol da Costa pola súa traxectoria.

Formato

A fase previa será o 3 de maio, e ata Oitavos as eliminatorias serán a partido único no campo de inferior categoría ou, no caso de que se trate de dous conxuntos da mesma, no do cadro que saíse primeiro no aza. Antes de celebrarse os Cuartos haberá novo sorteo.

No caso do campionato feminino, ao contar este ano con catro clubs (UC Cee, Mazaricos CF, As Miúdas e Bergantiños FC) haberá semifinais e final.

Novas relacionadas

comentarios