Luns. 29.04.2024
El tiempo

Nito Estalote, novo presi do Mazaricos: “O Fútbol da Costa ten que volver ser o das amistades”

Nito Estalote novo presidente do Mazaricos CF 2023
Nito Estalote, novo presidente do Mazaricos CF 2023
Nito Estalote, novo presi do Mazaricos: “O Fútbol da Costa ten que volver ser o das amistades”

Temos de cambios por Mazaricos. A marcha da anterior directiva obrigou a pulsar o botón de alarma por posible desaparición. Pero como sempre acontece, un grupo de persoas estaban aí atentas por se o perigo era real. Comandados por Nito Estalote, que fará de presidente, un grupo de 22 persoas coladoradoras, a meirande xente que leva vinculada ao fútbol mazaricán dende hai anos, toman o mando da nova directiva coa clara intención de volver ás raíces.

O que xa fora membro do equipo fundador do club no ano 91, e xogador durante máis dunha década (é administrativo no Concello), estará acompañado de Moro (vicepresidente); Parrajés (secretario); Sergio de Coiro (tesoureiro; e Pablo Muíño (o de Baíñas está casado na Picota, fará de vocal). “Xa tiñamos falado coa Federación de que nos avisase se habia problemas, e tocounos xuntarnos uns cantos e coller o mando do equipo”, explícanos agradecendo o compromiso desas 22 persoas entre as que hai históricos do fútbol amarelo como Sanchiño, Fermino, Casanova, Javier…

“Xa fixemos carnés, e estamos xa repartíndoos e esperamos que en outubro contemos como 400-500 socios”, sinala convencido. “E esperemos ter unha barbaridade de casas colaboradoras que nos axuden”, apunta invitando ás empresas da zona a arrimar o ombreiro.

Volver ás raíces

A idea é clara: “Ostempos de Champios xa pasaron. Sabemos onde estamos, e a Liga da Costa pode ser o noso sitio, onde máis tempo estivemos e onde deberiamos estar”, explica. “O Fútbol da Costa ten que volver ser, aquí en Mazaricos, o daqueles derbis e de amistades. Que imos facer a Cordeiro, a Lalín, a Vila de Cruces…? Eu entendo o fútbol da Costa doutra maneira, o de que veña o Outes con 50 persoas e nós vaiamos ao Cunchido. Un equipo se non viaxa coa súa xente, non hai unha sintonía entre afección e o equipo”, apunta convencido de volver conectar coa afección.

Nese sentido recorda o campionato de Liga conseguido polo equipo no ano 95, e como cada nadal seguen facendo comidas de amigos. “Van manter o mesmo contacto os gañadores da Liga da Costa de 2019”, pregúntase.

Recuperar a base

”As nosas aspiracións intentar é facer que o máximo de xente posible dentro do concello poida xogar ao fútbol na casa. Por iso imos sacar 4 equipos máis de categorías inferiores, con prebenxamíns, benxamins, alevíns e cadetes, ademais dos equipos sénior masculino e feminino e os Veteranos”, contabiliza.
A idea é poñer parellas de xogadores do primeiro equipo ao mando de todos os equipos, aproveitando os títulos de monitores sacado hai 5 anos nun curso desenvolto polo Comité na vila a petición do Concello.

Se para o feminino aínda están perfilando o cadro técnico, a gran novidade é que Marcos Domínguez volverá poñerse ao timón do equipo masculino da 2ª Galicia. A pesar do complicado final da temporada pasada, os xogadores decidiron apostar por el e convencelo de volver á Pedra do Ouro, e este venres teñen a primeira reunión.

marcos Dominguez no banco do Mazaricos
Marcos Dominguez no banco do Mazaricos na pasada campaña

Novas relacionadas

Comentarios