Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Corme campión da Copa xuvenil

O Corme campión da Copa xuvenil
CORME C.F. - Lucas, Angel, Brais, Aitor, Eloy, Javi Bermúdez, Mauro (Miguel 114´), Garrido (Noel 97´), Tasende (Alex 101´), Manu Bermúdez (Roque 111´) e Samu Costa (Pandi 109´) SAN LORENZO S.D. - Dario, Fidalgo, Eloy, Martín, Jose, Aarón, Alex Rodríguez, Alex Fernández, Alberto, Iván Sotelo e Iván Cancela GOLES: 1-0 91´Manu Bermúdez   2-0 95´Garrido   3-0 104´Mauro ARBITRO: David Castreje Ferrio, que amonestou a Aitor, Samu Costa, Mauro e Manu Bermúdez por parte do Corme, e a Eloy, Iván Sotelo e Alberto por parte do San Lorenzo. Vaia partidazo se viu no Carral na final de Copa xuvenil, que se decidiu na prorroga, pero ben puido decidirse antes polas numerosas ocasións de gol que tiveron ambos equipos. Máis de 400 persoas abarrotaron o Carral e animaron ós seus equipos durante todo o partido. O inicio de encontro foi do Corme. Anulouse un gol a Garrido por falta previa de Samu Costa. Pediuse penalti a Tasende, e Samu, Tasende e Garrido tiveron clarísimas ocasións nos primeiros 20 minutos, pero Darío estivo excepcional na meta verdillesa. Baixou o ritmo do Corme dende a media hora e aproveitou o San Lorenzo para controlar o partido e Jose tivo unha boa ocasión tras xogada de Iván Cancela. O San Lorenzo, que só tiña 11 homes disponibles, aguantou moi ben ata que as forzas fallaron. Alex Rodríguez, moi bullicioso e Jose tiveron unha doble ocasión ó inicio do segundo tempo. Darío fixo un paradón a Tasende. Martín disparou alto ante a meta do Corme cando estaba só, e anulouse un novo gol ó Corme por fora de xogo no 25´. A tensión ía en aumento e as forzas a menos. Jose tivo a mellor ocasión do San Lorenzo nun remate de cabeza ó largueiro. Parecía mentira que o marcador fora 0-0. Na última xogada nova polémica cun penalti reclamado polo San Lorenzo. Na prorroga estourou todo. O gol inicial de Manu Bermúdez, nun disparo que tocou nun defensa, desencadenou a sentencia. Garrido e Mauro sentenciaron e ata o final foi un ver pasar os minutos, cun San Lorenzo que loitou con orgullo pero ó que lle fallaron as forzas.

Comentarios