O Fútbol Base fai parada importante no VIII Torneo de Cabana
08:38 16/06/16
Trala disputa das exitosas finais de F8, co punto de mira xa no Torneo de F8 de Lira, e o Trofeo de Novas Promesas de Dumbría, o fútbol base costeiro fai unha das paradas máis importantes do curso.
As Redondas acolle o VIII Torneo de Futbol Base de Cabana estes 25 e 26 de xuño. 18 equipos alevíns veranse as caras de 10:00h a 21:00h do sábado. Pola súa banda, 14 equipos benxamíns farán o propio o domingo.
Á destacada presencia costeira (con equipos, ademais do propio Cabana do Ponteceso, Xallas, As Baleas, Baio, Outes ou Corme) únese á presencia de equipos de toda a provincia (Ural, Tordoia, San Cristobal, Hércules, Os Castros, Maravillas, Victoria ou Arteixo).
Novas relacionadas
- Sofán, Outes e Cee, campións da #CopadaCosta de F8.
- O Lira prepara o III Torneo de F8 Alevín para o 18 de xuño.
- Os Veteranos do Dumbría arman o Torneo de Novas Promesas o 2 de xullo.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Unha emotiva homenaxe a Manuel Ferreiro Antelo, árbitro recentemente falecido nun accidente.
- Malpica foi a capital do Fútbol Base por Semana Santa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).