Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Pazo de Vilar de Francos acollerá este venres o sorteo da Copa da Costa masculina

Sorteo Copa da Costa 2023
O Pazo de Vilar de Francos acollerá este venres o sorteo da Copa da Costa masculina

O Sorteo da LIX edición Copa da Costa masculina celébrase este venres en Carballo. Será o Pazo de Vilar de Francos, en Sofán, en alusión ao vixente campión, o que acolla, ás 19:30h, un evento no que se realizará unha homenaxe a Chano Calvo. 

O plan competicional inicial, no que están inscritos 36 equipos (todos agás o Sofán B) sinala que a competición arrincaría xa o 1 de novembro coa rolda previa.

As eliminatorias, todas a partido único agás as semifinais, serían:

  • Rolda Previa: 1 de novembro de 2023.
  • Dezaseisavos: 6 de decembro de 2023.
  • Oitavos: 11 de febreiro de 2024.
  • Cuartos: 1 de maio de 2024.
  • Semis: 6 de maio e 2 de xuño de 2024.
  • Final: 9 de xuño.

Comentarios