Un Sofán moi superior sumou a súa primeira Copa da Costa
Estreou así o cadro carballés o seu palmarés copeiro, alzándose co seu primeiro título.
Todo na gran festa do fútbol costeiro. Esa cita que é envexa do fútbol modesto galego, con máis de 2.000 persoas nas bancadas, a retransmisión e directo pola TVG e por dúas radios, unha ducia de medios acreditados… Todo, entre un equipo de Preferente e outro de 1ª Galicia.
Baio - Sofán (0-5)
- Baio: Iván Fraga, Aday Mato, Norberto, Peke, Hugo, Aitor, Pablo, Porti, Bieito, MC, Pazos. Tamén: Costiña, Josiño, Santiso, Ceide e Yago.
- Sofán: Brais, Noé, Bece, Alexandre, Fita, Fabián, Dani Pena, Dani García, Pablo, Paulo, bandera. Tamén: Mario, Iván, Miguel Taibo, Juanjo, Jacobo.
- Goles: 0-1, m.14: Bandera recolle o rexeite de Iván Fraga que non bloca unha falta doada; 0-2, m.28: Paulo manda a escuadra dende a frontal tras un roubo de Bandera; 0-3, m.55: Dani Pena; 0-4, m.40: Iván tras un xogadón de Alexandre:; 0-5, m.90: Miguel Taibo.
O vermello foi a cor predominante na final da Copa da Costa. O Sofán demostrou por que está nunha categoría superior e demostrou dende o minuto 1 xogar a outra velocidade. A ilusión dos baieses e o seu ímpetu non puido co poderío físico dos de Pablo Torreira, que dominaron os tempos do partido e mesmo puido golear máis amplamente.
Comezou dominando o cadro vermello, cun Fita imperial no medio e un Bandera perigoso cada vez que tocaba o balón. Tremendamente inferiores fisicamente, o Baio recorría unha e outra vez ás faltas para controlar as embestidas carballesas. E se ademais falla o porteiro e a defensa, o partido está claro. Bandera abrñía o marcador aos 14 minutos tras un erro de Iván Fraga na blocaxe dunha falta mansa. Pouco despois un erro na saída do balón era roubado por Bandera que cede a Paulo, que recorta na frontal e fai un golazo pola escuadra.
Trala pausa de hidratación, Aday baixaba a recibir e comezaba a darlle aire a un Baio afogado, pero nun erro na saída do balón. Conseguía tocar algo máis o equipo de Félix Raposo no último treito da primeira ante un Sofán máis replegado, chegando a meterse en varias ocasións na área de Brais.
Unha conexión entre Bieto e MC deixaba o primeiro, e único tiro a porta en todo o partido dos branquiazuis, pero a súa vaselina quedou curta e Brais atallou con solvencia. Xa no desconto do primeiro tempo, un pase ao oco de Bieito permitiía que Aday entrase ata liña de fondo pero o seu centro acabou en corner.
Recuperaba o mando o Sofán ao comezo da segunda, e pronto Dani Pena facía o segundo, e Alexandre tivo dúas boas internadas por banda para facer o cuarto. Xa co partido decidido, Jacobo fallaba sen porteiro e o Sofán puido marcar varios goles máis.
Si, si, si, A Copa xa está aquí berraba a afección carballesa mesmo antes de rematar o partido, antes mesmo que Miguel Taibo puxera a puntiña.