Cousillas e Pablo Conde analizan en QPC a Final da Copa da Costa 2024
- Os cadros e os resultados en directo en www.copadacosta.com.

Xa falamos xa cos adestradores da IV inal da Copa da Costa FEM. E hoxe toca facelo cos responsables de preparar aos seus equipos para a Final da LIX da Copa da Costa Masculina.
A tensión pálpase nas comitivas, nas vilas, onde todo o mundo fala da final. Por Dumbría están algo máis acostumados a estas alturas, pero na Ponte do Porto, en todo Camariñas, a revolución social é total. Alomenos dous buses fletados polo Concello levarán unha pequena Grixa á veciña Arliña, un dos campos máis auténticos do Fútbol da Costa, que gracias á implicación da directiva do CF Muxía, seguro que acolle dous eventos espectaculares.
Nós, o domingo contaremos o partido pola páxina de Facebook de Fútbol da Costa e no Instagram de Quepasanacosta, ademais de en wwww.copadacosta.com.
Pero antes, falamos con Pablo Conde, adestrador do Dumbra; e con Cousillas, adestrador do Porteño:
Como está a ser esta semana previa?
- Pablo Conde: “A semana intentámola levar coa maior normalidade posible. Disfrutándoa moito porque é moi bonita, pero intentando non condicionala demasiado”.
- Cousillas: “Entre traqnuila no deportivo e axitada no emocional, porque non estamos tan acostumados a falar cos medios, a falar con tanta xente, a estar pendente de tantas cousas, a darlle tantas voltas á aliñación… a estar na cresta da onda, vaia. Si que é un pouco axitada nese sentido, pero deportivamente moi tranquila, porque só adestramos o venres. Levamos moita tralla, e cremos que non é beneficioso ter tanta carga física. Queremos chegar cos corpos relaxado e co nivel de tensión xusta”.
“O único especial é que imos ir todos xuntos en minibus, gracias ao Concello, que tamén puxo dous autobuses para afección, para que a xente
Como chegades á Final?
- Pablo Conde: “Chegamos moi ilusionados e con gañas de facelo ben e intentar traer a Copa para Dumbría”.
- Cousillas: “Fisicamente estamos cansados pero ben, e mentalmente estamos moi enchufados e con moitas gañas de dar a campanada.
Baixas?
- Pablo Conde: “Mario non poderá estar por lesión. Estamos esperando a evolución de Baba tras o golpe do outro día e Miller”.
- Cousillas: “Só Nico Ventoso”.
Quen é favorito?
- Pablo Conde: “Pois non sabría dicirche. O Porteño eliminou a un equipo de Preferente, polo que mostra que a Copa non ten favoritos, e unha final menos”.
- Cousillas: "Favorito está claro que é o Dumbría. Só se fora na Grixa poderíamos ter sido nós favoritos, pero a campo neutral, eles están nunha categoría superior, fixeron unha boa temporada, polo que son os claros favoritos. Pero vaia, que nós imos a dar a campanada".
Que vos parece Arliña como sede?
- Pablo Conde: “Pois paréceme ben. É un sitio bonito, e seguro que o Muxía CF nos acolle moi ben".
- Cousillas: “En Arliña este ano empatamos dúas veces… así que esperamos que á terceira vaia vencida. Creo que lle vai mellor ao Dumbría, partir da base de que o único campo no que Porteño sería favorito sería o dA Grixa, e sacándonos de aí, críamos que cando máis pequeno sexa o campo máis opcións temos. Muxía é un campo mediano, polo que consideramos que está correcto. En todo caso, non creo que se gañamos ou se perdemos vaia ser cousa do campo.