Luns. 09.09.2024
El tiempo

“Elas tamen se criaron co rollo da Copa da Costa, e saben a importancia que ten”

Rupper e Santi Lira sobre Arlina
Rupper e Santi Lira sobre Arliña
“Elas tamen se criaron co rollo da Copa da Costa, e saben a importancia que ten”

Este domingo 2 de xuño de 2024, ás 11:30h, o Campo de Arliña (Muxía) acolle a gran final da IV Copa da Costa FEM. A pesar das desigualdades (un sorteo tardío e con verdades a medias, unhas semis a partido único, ou unha final matutina) chega unha cita tremendamente esperada que van disputar os dous mellores equipos do curso: o mellor equipo costeiro da 2ª Galicia, o Xallas; e o campión indiscutible da 3ª, o Dumbría.

É fermoso comprobar como a Copa da Costa tamén é moi especial no mundo do FUTFEM. “Elas tamen se criaron co rollo da Copa da Costa, e saben a importancia que ten”, contan os adestradores sobre as súas nerviosas xogadoras. Estes días, de feito, teñen que facer exercicios de relaxación e de quitarlles presión a moitas desas rapazas aínda en idade xuvenil ou cadete.

O mesmo pasa coas familias, as afeccións, que cada vez que se cruzan con algunha xogadora, co equipo directivo, saltan as palabras de ánimo… e de esixencia, moitas veces.

Se o Bergan saía como gran favorito nas primeiras tres edicións, esta final chega con gran incerteza. O Xallas compite nunha categoría maior, pero o Dumbría demostrou este ano que a Liga da Costa quedáballe pequena. Os dous equipos chegan coa frecha para arriba, e coa idea de facer o seu partido e disfrutar do mellor ambiente do noso Fútbol costeiro.

O domingo contaremos o partido pola páxina de Facebook de Fútbol da Costa e no Instagram de Quepasanacosta, ademais de en wwww.copadacosta.com. Peor antes falamos con Rupper, adestrador do Xallas, e Santi Lira, adestrador do Dumbría:

Como chegades a esta final?

  • Santi: “Con muitas gañas e muita ilusión. Sabemos que non é fácil conseguir todo o que conseguimos este ano, a nivel deportivo e grupal, chegar aquí xa é un premio, pero buscaremos porlle o broche final a unha moi boa temporada”.
  • Rupper: “Sobre todo moi ilusionadas. A maioría levan desde que se creou o clube e esta final para nós ten moito significado, o cumio ao traballo e sacrificio desde que empezou este soño”.

Como xestionades a semana antes da final?

  • Santi: “Pois ainda que pareza raro, deilles libre, que disfruten e cheguen relaxadas, a xente que llo comento pensa que lle minto, non o vén normal, e dígolles a todos o mismo: non as quero estresar con información extra, xa elas mismas se irán metendo presión, pois ao final é saír campeona dunha Copa da Costa, e todo o que non se traballou o resto do ano non o imos facer nun venres. Sabemos como defendemos, sabemos como atacamos, temos claro que equipo queremos ser, as indicacións sobre o rival falarémolas coma sempre no vestiario, polo que non vía necesidade de agotalas mentalemente”.
  • Rupper: “Pois tratamos de illarnos do barullo e da expectación que está causando esta final en Santa Comba, pero con gañas de que empece a rodar o balón canto antes”.

O domingo como ides facer na previa do partido, algo especial?

  • Santi: “Imos facer exactamente o mismo que en calquera outro partido, misma rutina de horarios e de quecemento. Esperamos que non teñamos moito acto protocolario extra que nos corte o ritmo e nos poida descentrar do partido e competilo e disfrutalo”.
  • Rupper: “Xogando pola mañá do domingo... Cada unha durmira no hotel de concentración da súa casa.. jeje. E despois quedamos para almorzar antes de emprender a marcha cara Muxía”.

Que vos parece a Arliña como sede para a final?

  • Santi: “Tráenos bo recordo esta tempada, pois alí saímos campioas de liga, polo que esperamos poder repetir a fazaña. Se hai campos que representan á Liga da Costa, creo que todos coincidimos en que un deles e a Arliña, así que só podo decir cousas positivas dese campo”.
  • Rupper: “Unha fermosa paraxe onde se mezcla o fútbol co mar, un dos campos de fútbol que mellor se respira e representa a nosa Costa de Morte”.

Máis novas

Comentarios