Pichichis e Pombos manteñen aberta a carreira polos prezados balóns da Olería de Buño
Xa queda pouco para o final do curso futbolístico, que coma sempre se pechará coa Gala do Fútbol da Costa - QPC. Pronto daremos as primeiras novidades sobre a 11ª edición da festa do fútbol costeiro, pero antes queremos alentar as loitas abertas nestas últimas xornadas.
Se ben os principais preios se escollerán, coma sempre, por votación de máis de 100 persoas dos nosos clubs (os 11 ideais, os premios a mellor adestrador/a, mellor xogador/a, mellor equipo masculino e fem), mellor directiva e o Abdoulaye ao fútbol base), os dos Pichichis e porteir@s están buscando os salóns onde mellor lucirán.
A falta de 3 xornadas para o remate das ligas facendo un repaso de como está a cousa:
Os Premios Pombo
En categorías masculinas, o premio Pombo ao porteiro menos goleado na Preferente e 1ª FUTGAL, está apretado, se ben Iván Bouzón (Muxía) está en cabeza, está por ver se Gardu, o porteiro que máis partidoa leva do equipo menos batido das dúas categorías, o Sofán, chega aos 25 partidos mínimos.
Na Liga da Costa, Rodri (Baio) parte con vantaxe sobre Iván Couto (Xallas), tendo en conta os equipos que turnaron os seus gardametas como os Javi Souto e Mario Varela no SanLo ou os Abdou e o meritorio Suso no Malpica.
Na 3ª, queda por ver se os porteiros do Coristanco chegan ao mínimo pero parece que Benji (Oza) ten todas as papeletas que levar o premio.
Xa no FUTFEM, hai moita igualdade, e aínda quedan moitos números por facer con nomes aí arriba como Sheila (Muxia), Lucía Dourado (Corme), Karen (Soneira), Miriam (Cabana) ou mesmo Desi (Camariñas).
Pichichis
En canto aos pichichis, hai varios perfilados, como o de Fran Moreira (Muxía) no de 1ª e Pref. (con 19 goles é agora mesmo o pichichi do grupo 2 da 1ª FUTGAL), ou o de Pablo Pose (Coristanco) na 3ª, a non ser que haia xornadas de goleadas que dean a volta ao marcador. Pablo ten 33 goles polos 24 de Rulli (Baíñas) ou os 21 de Salah (Oza).
Na Liga da Costa, a cousa está máis apretada. Bruno (Porteño) comanda con 22 tantos pero moi cerca por detrás aparecen Bryan (Xallas, 19) e César Lojo (Corcubión, 18).
E no FUTFEM, Eva Lema (Muxía) e Kenny (Soneira) están pelexando arriba de todo, e cada xornada será unha pelexa, tendo en conta iso si, que a muxiá ten 12 xornadas máis de liga que a soneirá.


