Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Porteño anuncia que non sairá a competir con ningún equipo

Porteno CF
O Porteño anuncia que non sairá a competir con ningún equipo

Esta pasada noite, o presidente do Porteño, Manuel Castiñeiras, anunciaba no Fb do club que “con gran dor e tristeza comunícovos a decisión da directiva de non dar de alta ningún equipo na próxima tempada 2020-2021”. A directiva considera que así “antepoñemos a saúde dos nosos nenos e adultos antes que o fútbol”.

Explica que “a imposibilidade de asistir aos campos de fútbol obríganos a prescindir de nosa tan querida afección, e creo que non é lícito repartir carnet de socio a ninguén sabendo que non pode entrar ao campo”.

"Son moitas cousas", explica Manu. "Eu, por exemplo, traballo con pacientes a diario, e imaxínate ir un día entrenar aos neno, dou positivo, e llo paso a algún neno", sinala con prudencia. "Algún xogador este ano por traballo non se quería arriscar, e temos moitos directivos con xente maior na casa. Ademais, hai que contar coa imposibilidade de uso de duchas, os vestiarios pechados... Non é doado. Todavía non sabemos si os nenos van a ir ao cole e en que condicións e queremos fútbol?", pregúntase.

Comentarios