A Preferente e a 1ª xa teñen calendario
- Os calendarios en www.futboldacosta.com
- A RFGF enviaba ademais onte un borrador do Plan Competicional das Ligas costeiras para o curso que vén. Á falta das últimas modificacións, con toda probabilidade, a 2ª Galicia arrincará o 18 de setembro, a 3ª fará o propio o 25, e as Ligas de Base Xuvenil, Cadete e Infantil tamén o farán o 18.

Unha vez que xa temos o Plan Competicional e sabemos os adestradores e directivas, só nos quedaba por saber o Calendario das Preferente e 1ª Galicia.
Xa tendes en www.futboldacosta.com os calendarios das dúas ligas, que comezarán o 11 de setembro.
SD Sofán e SD Fisterra arrincan a Preferente na casa ante Lemos e Betanzos, dous históricos. A liga regular remata o 28 de maio cun Sofán-Sigüeiro e un Fisterra-San Tirso.
Pola súa parte, estará bonita, outro ano máis, o Gr.2 da 1ª, con 6 equipos costeiros en liza e ducias de derbis, como o Esteirana-Xallas da primeira xornada.
O Mazaricos recibe ao Vista Alegre, novo rival santiagués dos nosos; o Dumbría viaxa a Calo, preto da capital; e o Soneira visita Silleda.
A temporada remata o 14 de maio con dous derbis (Esteirana-Dumbría e Mazaricos-Baio) e o Soneira visitando a Pobra e o Xallas facendo o propio en Ribeira.