Martes. 13.04.2021
El tiempo

A Preferente ponse en marcha tamén en www.futboldacosta.com

futboldacosta.com 2021
A plataforma www.futboldacosta.com volve estar activa para esta minitemporada 2021
A Preferente ponse en marcha tamén en www.futboldacosta.com

Tralo arrinque agridoce do Sofán, esta fin de semana volve tamén o Xallas á competición. E cos dous equipos de Preferente xa en marcha, activamos www.futboldacosta.com, a plataforma dos resultados en directo que tanto representa a revolución do Fútbol costeiro.

Xa podedes tamén analizar o calendario dos dous grupos www.futboldacosta.com, e ollar como vai o Fisterra de cara a última xornada da primeira fase da 3ª División.

O Xallas de David González debutará o sábado en casa ante todo un Boiro, un dos históricos do fútbol modesto da provincia. Farao estreando o céspede artificial da Fontenla, ante

Pola súa parte, a SD de Alberto Rodríguez e Cantudo volve, na segunda xornada (o Gr.A ten un equipo máis que o B) ao Carral, e faino curiosamente ante o At. Arteixo, o último equipo que pasaba polo campo carballés antes da pandemia.

En ambos casos poderán entrar no campo ata 500 persoas.

Crónicas da Preferente

comentarios