Xoves. 24.09.2020
El tiempo

David González, adestrador do Xallas: “Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3”

Falamos con David González, adestrador xallas
Falamos con David González, adestrador xallas
David González, adestrador do Xallas: “Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3”

O Xallas usou o comodín do cambio de adestrador, e de momento vai xurdindo efecto favorable. As xornadas pasan e o equipo de David González vai sumando, nunha Preferente que cada punto vale ouro, tanto na zona alta como para evitar o descenso. Actualmente ten 20 puntos e ocupa a 18º posición na clasificación.

Falamos co adestrador do cadro xalleiro.

 

Bueno, as autoridades mandan. E visto como está Itália, non creo que tardemos moito en chegar a ese punto polo que, canto antes se tomen medidas, mellor.

 
  • QPC: Por que aceptaches o reto da salvación do Xallas?

É unha oportunidade para estrearme na categoría como adestrador. En canto o reto da salvación eu diría que e o reto da ilusión, ser capaces de ter opcións ata as últimas xornadas.

 
  • QPC: Como estaba o vestiario no teu primer contacto con eles?

Xoguei e fun compañeiro de varios deles. Sabía que sería ben recibido de entrada pero o respecto hai que gañalo cada adestramento e cada partido cas cousas que lle formulas.

 
  • QPC: Que modificaches tacticamente ou nos adestramentos respecto ao anterior adestrador?

Non podo comparar porque aínda que tivera datos cada adestrador fai o mellor que pode. Eu teño un método e un modelo xogo cunhas características que poden cambiar pero ca idea xeral que se basa no balón e ter o dominio tanto ofensivo como defensivo.

 
  • QPC: Sodes o equipo máis goleado da categoría. Para salvarse tocará cambiar esa situación?

Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3. Ten que ir todo da man. Contra o Mugardos tivemos 5 ocasións que nunca se fallan e xeramos motos córners centros e chegadas, e acabamos ca portería a cero e cun nivel de seguridade moi alto. Canto mellor ataquemos mellor vamos defender.

 
  • QPC: Estades plantando cara contra os equipos da zona alta, pero despois sodes irregulares cos da zona media, a que se debe?

Desde que cheguei, quitando o Dubra só foron contra equipos de arriba. Agora empeza a nosa liga e hai que demostrar que non somos peores que ninguén.

 
  • QPC: Xogar agora no campo de Castriz, moi diferente a Fontela, beneficia ou perxudica ao equipo?

Ca miña idea e características dos xogadores creo que perxudica, pero xogar en campo pequeno sempre ten cousas boas e malas. Traballamos sabendo superficie e dimensións, e nos adaptamos a iso.

 
  • QPC: Tedes marcado un número de puntos, onde credes que pode estar a permanencia?

Saír do descenso directo pode estar sobre os 40 puntos... por aí intentaremos estar.

 
  • QPC: Ademais na Copa da Costa, tamén tocouvos un rival duro como o Dumbría. Como preparades esa competición?

Como moi lonxana. Sería increíble gañala porque sumaría a Copa do Sar que gañei fai 2 anos e a miña motivación será máxima pero a ver cómo chegamos a esas datas.

 
  • QPC: O teu contrato ten continuidade se consegues a salvación, ou poderías iniciar un novo proxecto na 1ª Galicia?

Non está establecido. Falouse no longo prazo de traballar con rapaces da casa e dar continuidade o ano que vén, pero eu só estou enfocado en que o ano que vén o Xallas estea en preferente. Despois valorarase todo.

 

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

comentarios