Preferente: Un punto ante o poderoso Noia
O Noia, eterno candidato ao ascenso, e único perseguidor no que vai de liga da Sarriana, non puido máis que sacar un puntiño nun ateigado Carral, que volveu apoiar ao seu equipo.
Onde xa non hai tanta xente como a comezos de temporada é en Ara Solis. O horario tampouco era propicio (domingo ás 19:00h) e o equipo non puido sumar nada.
Sofán - Noia (1-1)
- Sofán: Brais, Iván, Noe, Gody, Becerra, Canedo, Alexandre, Fabián, Dani Pena, Bandera, Eibe. Tamén: Mario, Fita, Dani García, Brais Cancela, Roi, Juanjo, Montes.
- Goles: 0-1, m.1; 1-1, m.23: Noe.
Arrincou o choque e xa tocaba remar. Gol en contra e a intentar levantar a cousa. Non saía fluída a SD, que perdía dous balóns en campo propio que a piques estiveron de costar caro. Pero Brais permitiu que o equipo seguise no partido, e pouco a pouco o equipo comezaba a apretar. Pronto Alexandre e Dani Pena comezaban a facer Dani, e xa no ecuador da primeira Noe empataba dende a frontal.
Puido darlle a volta ao marcador o cadro de Pablo Torreira neses bos minutos ata o descanso, pero Alexandre vía como un central lle sacaba o balón da liña de go.
A segunda foi máis igualada, con saídas para os dous campos pero pouca profundidade.
Fisterra - Sigüeiro (1-4)
- Fisterra: Cote, Julito, Breixo, Andrés Vigo, Alex Sendón, Aarón, Lobelos, Luisete, Ibra, Soli, Ricardo Coria. Tamén: Isaías, Lois, Adrián Makaay, Muadh, Moha e Guille.
Poucas cousas positivas se poden sacar do partido, ademais do golazo de Julito de falta cando xa o partido esmorecía con 0-3. Dous zarpazos no ecuador da primeira metade foron suficientes para tumbar aos de Cali.