Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preferente: Remontada “interruptus”

Adrian Makaay en Sigueiro
Adrián Makaay non faltou á súa cita co gol en Sigüeiro
Preferente: Remontada “interruptus”

Cuarta xornada da Preferente e os nosos equipos non conseguen saír da zona baixa. O Fisterra acariñou a xesta, despois de remontar un 3-1 en Sigüeiro e colocarse con 4-3, pero un tardío gol dos locais deixou a épìca nun empate que tamén vale, aínda que cómpre xa comezar a sumar de 3 en 3.

Non sacou puntos o Sofán da súa visita a Noia.

 

Sigüeiro - Fisterra (4-4)

  • Fisterra: Ángel, Breixo, Julito, Andrés Vigo, Mario, Alex Vázquez, Juan Formoso, Lobelos, Jose, Islam, Ibrahim. Tamén: Aarón Casais, Adrián Makaay, Mamadou, Juan Trillo e Martín Canosa.
  • Goles: 1-0, m.5; 2-0, m.20; 2-1, m.25: Breixo nunha xogada a balón parado; 3-1, m.40; 3-2, m.50: Alex Vázquez; 3-3, m.52: Ibrahim; 3-4, m.52: Adrián Makaay; 4-4, m.70.

Sigueiro-Fisterra

5 minutos de tolemia non bastaron para traer os puntos do Lino Balado. Os fisterráns remontaban nos primeiros 5 minutos da segunda metade un 3-1, derivado dunha primeira metade de absoluto dominio local, onde gañaban todos os duelos ante un cadro fisterrán que aínda non estaba metido no partido, e que sufríu moito na portería.

Espectacular a saída na segunda dos de Ángel, que remontaron por alto con 3 tantos. Pero faltou algo de veteranía no último treito do partido para aguantar a vitoria.

 

Noia - Sofán (2-0)

Noia-Sofan-Foto-Luis Gonzalez Para a SD-11
11 do Sofán en Noia-Foto-Luís González para a SD
  • Sofán: Brais, Iván Martínez, Noe, Diego Rod., Alexandre Mallo, Iván Parafita, Taibo, Fabián, Pablo Parafita e Bandeira. Tamén: Alexandre López, Raúl, Juanjo, Guille Botas, Eibe e Alex Montes.
  • Goles: 1-0, m.32: Elier; 2-0, m.90: Isi.
Noia-Sofan-Foto-Luis Gonzalez Para a SD-
Foto-Luis González para a SD

Un Noia reforzado con xogadores coñecidos na Costa como o meta Iván Bouzón, o defensa Maroñas, ou o medio Julián López, puido cun Sofán de Pablo Torreira que pelexou ata o final. A primeira metade foi igualada, con dous equipos intentando levar a iniciativa pero sen profundidade. Si que chegaba a liña de fondo o lateral carballés Alexandre, pero era o local Elier o que abría o marcador á media hora cun tiro dende a frontar.

Na segunda o Sofán volcaría o xogo sobre o campo local. Tiveron o empate Alexandre e Fita, pero o reloxo corría ata que no m-90 sentenciaban os locais nunha contra co cadro vermello volcado.

 
Noia-Sofan-Foto-Luis Gonzalez Para a SD-1
Foto-Luís González para a SD

Todas as crónicas de Preferente

A táboa en futboldacosta.com

Comentarios