Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: A SD dase o primeiro golpe ante o Noia

SD Sofan ante o Noia
11 da SD Sofán ante o Noia
Preferente: A SD dase o primeiro golpe ante o Noia
Comezou con mal pé o Sofán a histórica Fase de Ascenso á 3ª División. O Noia chegaba a un Carral ateigado, en clave de Bombonera con esas camisetas vermellas conmemorativas, e levou máis premio do que mereceu. A xornada non foi de todo mala, pois dos 3 que viñan con 3 puntos da primeira fase, só o propio Noia sumou unha vitoria, quedando con 6 puntos. A Sarriana caeu na Coruña polo que queda con 3 puntos polos 4 do Atl. Coruña..

Sofán - Noia (0-2)

  • Sofán: Brais; Iván, Iriso, Becerra (Diego García, m.85), Viqueira; Eibe (Juanjo, m.75), Fabián, Gody (Vía, mn.75); Raúl, Paulo (Fita, m.60), Alexandre (Aye, m.80).
  • Goles: 0-1, m.18; 0-2, m.88.

Demasiado premio levou o Noia do Carral. Comezaba a SD co ritmo habitual, con varios achegamentos con perigo e varios córners que inquedaron a meta de Fedello, o meta costeiro ex sofanista agora nas filas noiesas. Pero dese acoso pasouse o gol visitante no 18' onde unha serie de rebotes favorecen a Berto que, ante a saída de Brais supérao cunha boa vaselina.

A Sd non se veu abaixo e seguiuno intentando con novas chegadas de Paulo e Fabián. Antes do descanso unha boa contra de Ferreiro resolvea ben Brais.

Na segunda, a SD foi a polo empate fronte a un Noia que xuntou as liñas e que soupo defenderse. Chegaron os cambios na SD para ter máis xente para a disputa na área de Fedello pero nada cambiou.Reclamouse un posible penalti sobre Fita e cando parecia que o marcador xa non se moveria e coa SD volcada un balon en profundidade sobre Ferreiro chega a expulsión de Viqueira cando xa se iba contra Brais. Un home menos no desconto e froito desa falta lateral chega o segundo do Noia por medio de Hugo co que se remata o encontro.

Para a semana a sd viaxa a Sarria onde se medira co campion do grupo lucense noutra batalla.

Crónicas da Preferente

Comentarios