Preferente: Vitoria in extremis para manter o liderato

Unha vez felicitado ao Bergantiños polo seu ascenso á 2ª RFEF, repasamos a xornada na Preferente.
Mantense líder a SD trala súa vitoria, in extremis, na Ponte dos Brozos. O Xallas segue en problemas traer caer na casa ante O Pino, que chegaba pechacancelas á Fontenla.
Preferente, Gr. A, xornada 9
- Resultado: Arteixo - Sofán (0-2)
- Sofán: Brais, Iván, Viqui, Iriso, Dani Becerra, Canedo, Paulo, Martín, Diego, Aye Diop e Fabián. Tamén: Ivá Fraga, Alex Mallo, Raúl, Raúl Añón, David, Eibe e Vía.
- Goles: 0-1, m.90: Raúl; 0-2, m.92: Eibe.
Partidazo vivido na Ponte dos Brozos. O líder chegaba a Arteixo para recuperar sensacións e os locais para intentar engancharse os postos de cabeza e o partido non defraudou. De entrada os dous equipos ben asentados e sen asumir demasiados riscos, só un par de centros laterais, primeiro que remata Canedo fora cando xa se cantaba o gol a centro de Martin e máis tarde a mesma situación pero o rematador seria Aye.
A primeira parte remataria con empate a 0-0 e moito respeto entre os dous equipos. Na reanudación a SD intentou buscar un premio maior e seguiu incomodando a meta de Jose con boas chegadas por banda de Martín e Paulo movendose moi ben entre liñas. Nunha destas accións o balón chega a Paulo que mete un bo pase para Aye pero na disputa con Angeriz sale mal parado o dianteiro sofanista.
O resultado seguia sen moverse e a presión sofanista exerciase cada vez mais preto da area local, pero cando parecia que o resultado non se ía mover un balón en longo sobre Alexandre provoca que a sía presión sobre Jose dea resultado e, fóra da area golpee mal con perna esquerda e o rexeite o cace Raúl en medio campo, que controla e saca un tiro por encima de toda a defensa local para que o balón entre na meta de Jose totalmente valeira e ante o que o meta non pode chegar.
Estirouse xa no desconto o Arteixo, pero nun corner, co meta Jose tamén na área visitante, sae un despexe que chega a Eibe, que só en campo propio recibe, e desde uns 30 mts golpea a porteria completamente vacia para poñer o 0-2 definitivo.
Golpe encima da mesa da SD que suma 3 puntos moi importantes para meterse na seguinte fase.
Preferente, Gr.B, xornada 7
- Resultado: Xallas - O Pino (0-3)
- Xallas: Álvaro, Estefan, Jacobo Lois, Aitor, Andrés Vigo, Adrián García, Erre, Carlos Rieiro, Alex Blanco, Eizaguirre, Uxío. Tamén: Alex Díaz, Xan, Adrián López, Borja Gándara, Manu Romero e Adrián Pose.
- Goles: 0-1, m.15; 0-2, m.74; 0-3, m.90.
Nada puido facer o Xallas en Fontenla ante un cadro que viña de pechacancelas, que só sumara unha vitoria no que vai de fase.