Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán non pasa do empate pero métese na “pomada”

Sofan ante a Sarriana
Imaxe do choque do Sofán ante a Sarriana
Preferente: O Sofán non pasa do empate pero métese na “pomada”

Non pasou do empate o Sofán na Ribela, fronte o campión do grupo lucense, e un dos favoritos aos ascenso como é a Sarriana. Pero este punto, que puideron ser 3, sabe a ouro e sérvelle para meterse de cheo na loita, polo menos, pola segunda praza de ascenso, unha vez que o Noia semella embalado cara á 3ª.

Preferente, Fase de Ascenso, x.2

  • Resultado: Sarriana - Sofán (0-0).
  • SD: Brais; Gody, Iriso, Becerra, Iván (Juanjo, m.70); Eibe (Canedo, m.87), Fabian, Fita (Aye, m.79); Alexandre, Paulo (Vía, m.79), Martín (Raúl, m.85).

 

Sofan en SarriaAínda que o partido acabou sen goles, o cadro sofanista foi merecedor dos 3 puntos, facendo un auténtico partidazo e demostraron saber repoñerse ante o primeiro golpe consideraba do curso recibido a semana pasada ante o Noia.

Empezou rápido a SD e pronto unha boa contra de Fita chega a Martín que remata e o tiro deteno Liz. Tiña boas sensacións a SD nun campo complicado e de novo aos 20 min., nun saque de falta de Iván sobre Alexandre, este controla e saca un bo tiro que rexeita Liz e repite tiro Fita.
O acoso continuaba e a 10 do descanso unha boa contra de Alexandre que se interna na área, mete un balon raso ao 2° pau e a piques esta de marcar Martín. Paulo tamén probaba ao meta local antes do descanso.

Na segunda seguía o memso guión, coa SD percutindo en campo rival, como nada máis comezar cun bo centro de Martin sobre Paulo que define mal. Mentres Brais apentas tivo que intervir nalgúnha falta lateral ou nalgún córner, a SD seguía chegando. Xa preto do final, unha boa xogada de Aye en banda esquerda, supera á súa marca, cede atrás e remacha Raul a gol, pero o árbitro anula sen saber os visitantes moi ben por que.

Para a semana visitan Monforte, noutra batalla polo ascenso, tendo as miras postas nos choques ante o Boiro, o equipo mellor posicionado para loitar pola segunda praza.

Crónicas da Preferente

Comentarios