Preferente: O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto

11 do CF Dumbría en Lalín

Mala serie levaban os dous equipos costeiros na Preferente e queda só o Dumbría no bache coa súa terceira derrota seguida, quedando con aínda 6 puntos de vantaxe sobre o descenso.

O que rompeu unha serie de 4 partidos sen gañar foi o Sofán que venceu na casa e se coloca, de novo, a puntos coa promoción.

Sofán - O Val (2-0)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Becerra, Izan, Braian, Xandre, Pablo Parafita, Iván Parafita, Joel e Julián. Tamén: Brais, Iván, Dani Pena, Isma, Marcos Montero e Iraitz.
  • Goles: 1-0, m.78: Xandre; 2-0, m.90: Iraitz.

Vitoria de mérito do cadro de Torreira, despois de xogar 70 minutos con 10 por unha protestada expulsión a Braian. Na primeira parte non houbo grandes ocasións por ningún dos dous equipos. Os visitantes tiveron máis o balón pola superidade numérica pero sen xenerar ocasións de gol.

Na segunda non se conformaron con esperar os locais, e foron polo partido. Tardaron en abrir a lata ante un O Val pasivo, pero os golazos de Xandre e Iraitz dende fóra da área fixeron xustiza. Julián e Pena antes do gol de Iraitz tiveron dúas ocasións moi claras para poder ampliar distancias no marcador.

Lalín - Dumbría (1-0)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Iago, Jano, Adrián Periscal, Juan Trillo, Toni, Marcote e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Lucas Toba Pablo Costa Carabel, Xabi Castro, Javi Souto.
  • Gol: 0-1, m.80: Eloy Ferreira.

Partido moi igualado, no que o acerto dos locais decidiu o choque. Non houbo demasiadas ocasións, e só contra o final, o tanto de Eloy Ferreira abría un pouco. Intentouno o cadro de Pablo Conde nos últimos 10 minutos, xa co corazón sobre o céspede, pero o remate de Javi Souto, na súa mello ocasión, non foi para dentro. Terceira derrota consecutiva dos dumbrieses, a pesar da seria melloría.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.