luns. 24.11.2025
El tiempo

Preferente: Doble e dolorosa derrota

11 do CF DUmbria no Conco ante o Negreira
11 do CF Dumbría no Conco ante o Negreira
Preferente: Doble e dolorosa derrota

0 puntos sacaron Sofán e Dumbría nesta 12ª xornada. O cadro de Pablo Torreira perdía na Coruña con algo de polémica mentres que os de Pablo Conde caía na casa ante o líder, sen merecelo.

Victoria CF - Sofán (2-1)

  • Sofán: Brais, Dani, Iván, Alex Sánchez, Dani Pena, Izan, Alexandre, Iván Parafita, Fabián, Julián e Iván Pardo. Tamén: Gardu, Javi, Becerra, Isma, Joel, e Iraitz.
  • Goles: 1-0, m.1: Óscar de Castro; 1-1, m.11: Julián; 2-1, m.81: Oscar de Castro.

Derrota dolorosa do Sofán na Grela, nun choque moi igualado e disputado que comezaba co gol local na primeira xogada. Pero reaccionaron os de Torreira, que igualaron aos 10 minutos por medio de Julián tras unha peinada de Pardo a un saque de Brais.

Na segunda parte puideron os carballeses adiantarse por medio de Julián que cruzou en exceso nun man a man. Brais fíxolle unha boa parada ao ex Sofán, Bandera, nun man a man e nos últimos 10 minutos dúas decisións arbitrais condicionan o resultado. Os carballeses pediron unha falta previa a Fita nun salto de cabeza na xogada de 2-1 e pouco despois un penalti a Becerra no desconto que o colexiado non pitou.

Dumbría - Negreira (0-1)

  • Dumbria: Anxo, Mataso, Berto, Jano, Aarón, Adrián Periscal, Toni, Iago, Alex Marcote, Juan Trillo, Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Iker, Pablo Costa Ramos, Xabi Castro e Javi Souto.
  • Gol: 0-1, m.69: Alberto Freire.

Non mereceu caer co líder o Dumbría. Estivo preto o cadro dumbriés de rascarlle ao que seguramente é o mellor equipo da liga. Os primeiros 20-25 minutos foron de dominio nicrariense, cun Dumbría armado en bloque baixo sen sufrir demasiado, además dun par de achegaentos, controlando ben os xogadores perigosos do rival, e aguantando o balón con criterio por momentos. A partir da media hora, os de Pablo Conde estirábanse un pouco e avisaron tamén de que ían polo partido.

A segunda comezaba co Dumbría ben posicionado, chegando máis e mellor, pero mediada esa segunda parte marcaronnos nunha boa xogada individual.

Seguiron ben e metidos no partido os locais, e no minuto 80 hai unha acción na que piden penalti sobre Diego Estévez, que podería ter suposto o segundo cartón para o central visitante. Froito desa xogada polas protestas do público, o árbitro paraba o partido 10 minutos. Ao saír de novo os locais se envorcaron arriba, tendo varios balóns colgados perigosos, pero sen a sorte para empatar.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios