Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Táboas con cor visitante no primeiro derbi do curso

Xallas-Sofan-Foto-Luis Gonzalez SD Sofan
Imaxe do Xallas-Sofán-Foto-Luís González
Preferente: Táboas con cor visitante no primeiro derbi do curso
Preferente: Táboas con cor visitante no primeiro derbi do curso

Chegou algo en frío, aínda sen ritmo de competición, o primeiro derbi do curso na Preferente. O Xallas recibía na Fontenla ao Sofán, nun clásico xa da categoría. Un partido marcado polos erros e as imprecisións que rematou en táboas.

Mentres, o Fisterra saía malparado da súa visita a Boimorto, e espera mellorar a súa imaxe así como presentar algunha fichaxe máis.

 

Xallas - Sofán (2-2)

  • Xallas: Julián, Cristian, Santi Hernández, Loureiro, Borja Gándra, Marcos Mouro, Asier, Pablo Mato, Juan Caamaño, Alex Blanco, Marquiños. Tamén: Álvaro, Jacobo, R, Adrián, Lagoa.
  • Sofán: Álex López, Rubén (Raúl Añón, m.60), Sera, Diego, Viqui; Canedo, Eibe (Carro, m.46), Matías (Alexandre, m.46), Fabián, Martín (Luís, m.46) e Raúl (Quintela, m.75).
  • Goles: 1-0, m.27: Pablo Mato aproveitou un erro defensivo para roubar o balón e batir a Álex López por baixo; 2-0, m.31: Alex Blanco a pase de Marquiños; 2-1, m.42: Alex Blanco en propia; 2-2, m.73: Carro.

Partido estrano en Fontenla, cun Xallas que comezaba dominando a pesar de ir en contra do vento, estando moi ben posicionado, e roubando e saíndo con velocidade. Precisamente no ecuador, un erro na saída do balón do cadro visitante era aproveitada por Pablo Mato para abrir o marcador, e apenas 5 minutos despois, nunha xogada semellante, era Marquiños o que roubaba e Álex Blanco o que marcaba o segundo.

Non marcharía así o partido ao descanso, pois unha falta lateral executada por Eibe, pega en Alex Blanco e se cola na meta de Julián deixando o partido aberto de cara á segunda metade. Un tanto que lle fixo moito dano ao equipo de Adrián Lema.

Coia entrada de Pablo Carro, o Sofán tomou o mando do medio campo, ante un Xallas algo máis agazapado. Foi Carro o propio protagonista do empate, nunha xogada que el mesmo comeza, asóciase con Fabián Vidal, que lle filtra un pase para que marque raso dende a media lúa ante a inútil saída de Julián.

Os últimos minutos, ca inercia, o cadro de Alberto Rodríguez empurrou sobre o área xalleira, pero o resultado non se movería gracias ao traballo da defensa verde.

 

Boimorto - Fisterra (2-0)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Colombia (Rodrigo, m.87), Piti (Dani, m.65), Aarón Fdez., Julito (Cristopher, m.65); Julián López, Herbert (Pablo Lestón, m.69), Andrés Vigo, Capelo, Adrián Makaay.
  • Goles: 1-0, m.30; 2-0, m.70: de penalti.

Chegaba o Fisterra a Boimorto para enfrontarse a un rival ferido polos 5 tantos que levara na xornada inaugural en Viveiro. E puido cun Fisterra que non foi quen de controlar o medio campo, acusando, e moito, a baixa de Aarón López. O cadro local dominou o tempo do partido e se aproveitou dunha defensa algo feble do cadro de Canosa. Ademais, o primeiro tanto contou coa axuda do meta costeiro.
Arriba, Makaay estivo moi só, e necesita alguén que o acompañe arriba mentres non se recupera Adrián Cabarcos.

Na segunda intentouno o cadro verde, pero no ecuador, un penalto cometido por Cristopher suporía o segundo para os locais.No treito final Adrián Makaay, que aínda ten que afiar o punto de mira pero que segue xerando ocasións tamén na Preferente, marrou un penalti, pero as opcións de remontada eran poucas.

Só Colombia, o mellor do partido, e Julián López, en plan xogador “Top”, estiveron a un nivel esperado, e o equipo espera que vaian aparecendo homes importantes como Herbert, sen destacar aínda.

Terá que mellorar a imaxe un Fisterra que de seguro aínda presenta algunha nova fichaxe esta semana.

Crónicas da Preferente

Comentarios