Preferente: O Xallas sumou unha vitoria chave
- As retransmisións de #QPCtv esperan tempos mellores.
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.

Na Preferente, de feito, o Boiro-Fisterra, así como o Sigüeiro-Pobra, non se disputaron, quedando só o Xallas como único equipo costeiro en competición, que sumaba a súa 3ª vitoria seguida e soña con meterse na pelexa pola permanencia. Cómpre lembrar tamén que o Sofán tampouco xogou pola suspensión (sen retraso) da xornada na 3ª RFEF.
Laracha - Xallas (0-1)
- Xallas: David, Aitor, Diego, Julito, Jorge Colón, Borja, Doro, Brais, Carlos, Alex Blanco e Stefan. Tamén: Coke, Adrián Periscal, Adrián López, Erre e Juanma.
- Gol: 0-1, m.80: Doro de cabeza a un centro de Álex Blanco.
Partido igualado ata o m.60, mesmo con máis ocasións para o equipo de David González, como unha clárísima de Diego que non aproveitou un rexeite. Si que tivo que sacar David un balón a “bocajarro” na primeira metade nunha das poucas chegadas dos locais.
A partir da hora de xogo, e vendo que o partido estaba moi accesible, o Xallas subiu liñas e apretaron ata conseguir o gol, anotado polo eterno Doro. A partir de aí xestionaron ben os últimos 10 minutos e non sufriron os xalleiros, para sumar unha vitoria que pode valer un mundo.