Os premios de Milar e BB pechan o curso do Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa
Aló polo mes de setembro de 2019 comezabamos o proxecto do álbum de cromos do Fútbol Base da Costa. Unha nova iniciativa pioneira do equipo de QPC, única en Galicia, que nos permite seguir vertebrando a Costa da Morte a través do deporte.
Foron 10 meses de ilusións e sorrisos, paralizados un tempo pola pandemia, pero que quedarán para a lembranza dos máis de 900 nen@s que, por unha vez, foron protagonistas das súas propias coleccións.
Esta pasada semana facíamos entega dos premios dos sortos dos Álbumes. Xa contabamos os gañadores trala celebración do sorteo, e ambos premios foron para a familia da SD Laxe, dende logo unha das máis compradoras. Adrián Calo Suárez levou o Patinete da Tenda BB Muros,; mentres Ainoa Rodríguez Varela foi a gañadora do minidron de Milar Cee.
Así foi a presentación do álbum no Conco
Sen máis, queremos lembrar como foron algunhas das accións que fixemos arredor do álbum.