Sábado. 26.09.2020
El tiempo

#ALBUMDACOSTA

O álbum do Fútbol da Costa reparte ilusións

Presentación en Outes do álbum do Fútbol da Costa
Presentación en Outes do álbum do Fútbol da Costa
O álbum do Fútbol da Costa reparte ilusións

Xa están aquí!! Ao longo da semana, os cromos do Álbum do Fútbol da Costa Base estará en toda a Costa da Morte. Onte foron as primeiras presentacións, e aínda estamos de resaca pola espectacular acollida que tiveron. Parecíamos os Reis Magos levando ilusión por Outes e Muros. A verdade é que ver sas caras de alegría, de nervios, de emoción… nos peques da comarca é algo que recompensa os centos de horas de traballo previo metidas neste singular proxecto.

Unhas presentacións que pretenden servir para que as criaturas da comarca se decaten da sorte que teñen de xogar nunha liga tan especial como a do Fútbol da Costa, porque non hai outra zona en Galicia onde conten cun álbum coma este. Un álbum que afonda nun dos obxectivos cos que naceu este diario, vertebrar a Costa da Morte, e que o fai a través do deporte e da mocidade.

Porque a partir de agora máis de 900 [email protected] coñeceranse polo seu nome, non só por ser rivais, e poderán levar os cromos a cada partido para cambiar as “repes” [email protected] [email protected] dos outros clubs.

As primeiras presentacións

Onte comezábamos a ruta de presentacións (faremos este mércores en Cabana e Sofán; xoves en Dumbría e Fisterra: e venres en Vimianzo, Ponte do Porto e Santa Comba) en Outes. Un luxo facer proxectos con directivas tan comprometidas como a do Cunchido, que nos tiña a cantina preparada con medio centenar de [email protected] ansiosos por ver os seus cromos.

Para as presentacións gústanos contar cos capis dos equipos sénior, para que eles mesmos lles trasmitan que significou para eles ter o seu cromo nos proxectos dos cursos pasados, e compartir todo o que significa o Fútbol da Costa. Un xeito de demostrarlle aos pequenos o bonito que é xogar no club da túa vila, cos teus amigos, e que teñen espellos e ídolos ao lado da casa, sen ter que recorrir á televisión.

”O máis importante do fútbol son as amizades”, lembroulles Gato, eterno porteiro do Outes. “O ano pasado, cos nosos cromos, parecíamos futbolistas de verdade”, bromeaba Alvarito, un dos capis do equipo. Os dous, xunto co Concelleiro de Deportes da Serra de Outes, Daniel Rodríguez, (o Concello, como case todos os da comarca, tiveron a ben colaborar no proxecto), compartiron a ilusión deste singular proxecto.

Presentación en Muros

De seguido, o equipo de QPC desprazouse a Muros, onde nos sentimos unha mezcla entre unha estrella do R&R e os Reis Magos. A Casa da Cultura estaba absolutamente ateigada e a chegada dos cromos foi como cando pasan as súas maxestades nas carrozas. Incrible. A alcaldesa Inés Monteagudo, e unha das capis das Miíudas, Pati (ademais adestradora [email protected] Biberóns) compartiu as súas impresións ante o público.

A cita muradá tivo tamén representación de varias familias das Esteirana e das EF Concello de Carnota, e serviupara facerlles entrega dun álbum a cada un dos protagonistas do mesmo, para que poidan comezar a coleccionar.

 

Todas as novidades do Álbum da Costa

comentarios