Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#PreviaQPC: Os 4 mellores equipos da 3ª enfróntanse entre si

Porteno-Oza-Foto-Jose Campana
Imaxe do Porteño-Oza da primeira fase-Foto-Jose Campaña
#PreviaQPC: Os 4 mellores equipos da 3ª enfróntanse entre si

Fin de semana a medias no fútbol costeiro, xa que a segunda fase da Liga da Costa terá que esperar ata a vindeira fin de semana.

Polo resto haberá actividade, normal co Sofán afrontando a recta final do seu paso pola 3º RFEF recibindo no Carral a todo un Somozas que está loitando polo título.

Na Preferente, no Gr. Ascenso, o Fisterra visita á potente Sarriana, mentres o Xallas busca seguir sumando para manter a categoría visitando a un Boiro que comezou a fase con vitoria.

No grupo de Ascenso da 1ª, Baio e Mazaricos teñen saídas complicadas ante históricos do fútbol galego como o Unión de Rianxo ou Flavia de Padrón.
Na fase da permanencia, saídas complicadas para Corme e Dumbría para seguir sumando, igual que o Volantes; o Ponteceso recibe ao Cruces, e o Soneira visita ao Belvís.

A 3ª xornada da segunda fase da 3ª Galicia trae os que poden ser os partidos da xornada: Corcubión-Xallas, e Porteño-Oza. Os 4 equipos destacados da primeira fase desputan estas finais anticipadas para ir achegándose á única praza de ascenso de cada grupo.

Outro dos grandes focos de atracción da fin de semana será a volta das semifinais das Fases polo título e Previas á Fase de Ascenso á Liga Galega de Xuvenís e Infantís.

En Xuvenís os choques erán:

  • Esteirana - Cabana (0-2 na ida para o Cabana): sábado ás 17:00h.
  • Sofán - Cee (1-0 na ida para o Sofán): sábado ás 12:15h.

En Infantís:

  • Xallas - Cee (3-0 na ida para o Xallas ): domingo ás 12:30h.
  • Outes - Vimianzo (3-1 na ida para o Outes) venres ás 18:00h.

Veteranos

Tamén hai xornada viva en Veteranos. Aínda quedan 8 xornadas para o remate da División de Honra, e os 4 de arriba queren seguir ampliando a renda sobre o resto. Xa son 11 puntos entre os de arriba e o 5º, o Ara Solis.

En 1ª,a falta de 6 para xogar ao final, o líder Bértoa visita a un Soandres que está metido na fase de ascenso, cando o choque da xornada será o Corme-Leiloio na loita polo ascenso directo.

Os horarios en www.futboldacosta.com

Comentarios