Venres. 19.04.2024
El tiempo

Como afrontan os 4 equipos Xuvenís as eliminatorias polo título

  • Tamén arrincan as eliminatorias de Infantís.
Fases Finais Xuvenis
Como afrontan os 4 equipos Xuvenís as eliminatorias polo título

Este sábado arrincan as eliminatorias para acceder á fase de ascenso á Liga Galega Xuvenil e Infantil. O que supere as dúas eliminatorias a ida e volta (a volta da final será o 24 de abril) accederá á Fase de Ascenso, e terá que competir cos campións de Santiago tendo que superar dúas eliminatorias máis para conseguir un soñado ascenso.

Así son os emparellamentos:

  • Cabana - Esteirana (sábado 26 ás 17:00h nas Redondas).
  • Cee - Sofán (sábado 26 ás 16:30h no San Paio de Refoxos).

A Esteirana de Gustavo

11 da Esteirana Xuvenil 21-22
11 da Esteirana Xuvenil 21-22

O cadro esteirán, facendo o mesmo que os maiores, vén de arrasar na Liga, sendo os primeiros en asegurar o pase. “Afrontámola fase con moita ilusión e con gañas de seguir facendo as cosas como ao longo de toda a temporada, pero sei que vai ser unha eliminatoria moi difícil xa que o a SD Cabana conta cun equipo moi ben organizado e coas ideas claras e con xogadores fortes e expeditivos e outros de moita calidade como Hugo e Miguel, un equipo compensado que imprime moita intensidade e o mesmo tempo moita calidade e rapidez”, recoñece Esteirana. “Vai ser unha eliminatoria moi difícil pero xogaremos as nosas cartas para contrarrestar o xogo deles”.

O Cabana de Fernando

Cabana Xuvenil 2022
Cabana Xuvenil 2022

”Chegamos con toda a ilusión de polo menos intentar superar a todo unha Esteirana que fisicamente chegan ben”, explica Fernando. “Imos ter que subir algún cadete pero xa tiramos deles na liga e gracias a eles estamos aí, pois nalgún partido eramos 9-10 xuvenís e agora mismo temos 16 fichas pero efectivos só 12, o resto están lesionados”, apunta. Ademais Fernando ten varios tocados, pero espera recuperalos e que estean ao 100% nas Redondas.

O Cee de Isidro Caamaño

Xuvenis do Cee sen Isidro 2022
Equipo do UC Cee aínda sen Isidro

O Cee de Isidro Caamaño chega tamén con “aspiracións máximas”. “Imos coa máxima ilusión, e xa vin no adestramento do martes coas máxiumas gañas para sorprender a un Sofán que ten un equipazo e que nos partidos importantes sempre responde”, sinala o míster. Caamaño valora as idas e vidas deste ano, pero recoñece que “baseamos o noso xogo no ataque, se ben hai partidos nos que non se pode saír coa presión tan alta.

Temos xogadores rápidos en bandas, con laterais de longo percorrido, xogadores con exquisito toque de balón no medio, sempre coa portería rival no punto de mira. En defensa creo que somos un equipo compacto”. “É o momento que o Unión Club Cee cambie de categoría”, sinala con confianza Caamaño, que considera positivo comezar a eliminatoria no campo enorme do San Paio de Refoxos.

O Sofán de Barca

sofan xuvenil 2022
Un 11 do Sofán Xuvenil.Foto- SD

”Con moita ilusión”, afronta estas eliminatorias tamén o Sofán, como nos explica Barca, míster doúnico equipo invicto da categoría esta temporada. “Os rapaces está respondendo moi ben a pesar de termos un ano con poucos efectivos pero suplíndoo con moita entrega, mesmo aumentando o ritmo de adestramentos e chegamos no mellor momento fisicamente do ano”. “O bo que ten o equipo é que a maioría aínda serán xuvenís o ano que vén, polo que isto seguro que pase o que pase será unha gran experiencia”. En calquera caso, valora que “ás veces fai falta que nos marquen para sacar todo o bo que temos.

Barca recoñece que “na ida o importante é manter a portería a cero”, consciente de que “imos competir cun equipo con grandes individualidades”.

As eliminatorias en Infantís

Xallas Infantil
Imaxe do Xallas Infantil, campión da zona norte

Tamén arrincan as eliminatorias Infantís, con este calendario:

  • EFM Vimianzo - Outes (sábado 26 ás 19:00h en Vimianzo).
  • Cee - Xallas (sábado 26 ás 11:00h no San Paio de Refoxos).
Outes campion infantil
Imaxe do Outes Infantil, campión do sur

 

Infantis vimianzo copia
Infantís do Vimianzo
Infantis do Cee copia
Infantís do Cee