Venres. 26.04.2024
El tiempo

#PreviaQPC: O Mazaricos afronta a fase de ascenso tralo rexeitamento do recurso do Tordoia

Mazaricos-Tordoia
Imaxe do choque entre Mazaricos e Tordoia deste curso no Pena de Ouro
#PreviaQPC: O Mazaricos afronta a fase de ascenso tralo rexeitamento do recurso do Tordoia

Nova fin de semana de fútbol costeiro con varios focos de atracción. E faino coa resolución do Comité de Competición do recurso presentado polo Tordoia por unha suposta aliñación indebida do CD Belvís no partido da pasada semana. O cadro neroamarelo consideraba que un xogador do Belvís non tiña a alta médica o día do partido, polo que solicitaba que lle deran o partido por gañado por 3-0. Ese gol de diferencia con respecto ao 2-0 que aconteceu no campo faría que fose o Tordoia o que participase na Fase de Ascenso á Preferente, no canto do Mazaricos, pois ambos estaban empatados a puntos e golaveraxe individual e só habían un tanto de diferencia no xeral.
En calquera caso, o Tordoia, que comeza, nun partido que será tenso no Pinguel xa a Fase por evitar o descenso, asegura que a cousa non vai quedar aí.

Ademais dese Ponteceso-Tordoia, os Dumbría, Corme, Volantes, Ponteceso e Soneira comezan os Grupos pola Permanencia en 1ª, arrastrando certa puntuación.

Mentres, na Preferente xígase a última xornada, coa SD Fisterra xa con praza asegurada na Fase de Ascenso, pero con gañas de rematar o máis arriba posible se vence na casa dun pechacancelas que apenas suma 3 puntos.

Á que aínda lle quedan 2 xornadas é a Liga da Costa, coa loita aberta por meterse entre os 3 primeiros para acceder á fase de ascenso. No Sur a Esteirana, que perdía os seus primeiros 2 puntos do curso a semana pasada en Outes, recibe a un Camariñas que se xoga todo, pois se perde e vence o Muros en Cee, xa quedaría configurado o podio.
No Norte, coa cousa apretadísima, o Cabana, San Lorenzo e Coristanco intentarán aproveitar o descanso do Castriz ante equipos da zona media e baixa.

Arrinca tamén a segunda fase da 3ª Galicia, tamén con puntos arrastrados da primeira fase. Fai o mesmo o Bergan buscando o ascenso á 1ª Nacional ante o filial do Sárdoma, mentres que na 2ª Div. Galega haberá un derbi Cee-Xallas do máis bonito.

Teremos o ollo posto ao remate da xornada de Xuvenísa do Gr. Norte. Trala vitoria do Sofán a pasada semana, tócalles refrendar o título, polo menos sumando un empate en Corme. Xallas e Cabana xóganse o pase á Fase de Ascenso á Liga Galega, co golaveraxe individual favorable ao Cabana, polo que lle valería facer o mesmo ante o Cerqueda que o Xallas ante o Baio.

O Dumbría de Liga Galega arrinca a fase de ascenso á D.H. recibindo ao Viveiro.

En Infantís, as eliminatorias a doble volta previa para o Campionato Galego empezarán aínda a semana que vén, e enfrontarán a Cee-Xallas e EFM Vimianzo-Outes.

Todas as táboas e o carrusel en www.futboldacosta.com.

Comentarios