Xoves. 28.03.2024
El tiempo

#PreviaQPC: O Porteño-Xallas B, un dos puntos fortes da fin de semana

Porteno-Seaia
O campo da Grixa acollerá o choque da xornada
#PreviaQPC: O Porteño-Xallas B, un dos puntos fortes da fin de semana

Nova xornada do Fútbol costeiro, por agora sen apenas partidos adiados por COVID. De feito, nas categorías sénior, a día de hoxe só se adiou o Ameixenda-Camelle da 3ª Galicia.

Comezamos, dende arriba, co máis destacado desta xornada:

Na 3ª RFEF esta pode ser un boa ocasión da SD Sofán para meterse na loita real pola permanencia, pois se enfronta a un Noia, que ten 10 puntos de vantaxe e que marca o posto de promoción.

Xa na Preferente, a 15ª xornada pon ao Fisterra e ao Xallas dúas boas pedras de toque. O cadro de Juan Porrúa recibe a visita do Pino, 3º con só 7 puntos de vantaxe e 3 partidos máis, polo que unha vitoria fisterrá pode servir para engancharse definiitivamente á zona de arriba. Tamén a visita ao Boiro pode ser unha boa ocasión para os de David González para escalar posicións e non deixar escapar a un cadro da Barbanza que ten só 4 puntos máis.

Gañas temos de ver unha xornada completa na miniLigadaCosta da 1ª Galicia. Os derbis desta semana son o Dumbría-Ponteceso e o Corme Volantes, mentres o Mazaricos recibe ao Belvís para menterse invicto na Pedra de Ouro e asaltar de novo o liderato. Un liderato que ostenta esta semana o Tordoia, que visita o Municipal de Vimianzo, mentres que o Baio terá que lidiar cun dos campos máis difíciles da categoría, o Municipal García Calvo de Negreira.

No grupo sur da Liga da Costa, descansa o colíder Camariñas, e a Esteirana terá un intenso derbi ante o Monte Louro.
Polo Norte, o choque máis interesante será o Cabana-San Lorenzo, pero ollo co Coristanco-Cerqueda.

A 3ª Galicia acolle o que pode ser o partido da xornada. O líder, Porteño, recibe ao Xallas B, segundo clasificado. No cuarteto de arriba, o Corcubión visita ao Laxe e o Oza recibe ao Castrelo.

Tamén hai unha interesante xornada nas Ligas Xuvenís, que repasamos esta semana, e nas vividas Ligas de Veteranos.

Comentarios