venres. 08.11.2024
El tiempo

Veteranos: A parte alta mantense igualada tralo primeiro treito de competición

oznorTO
Imaxe do Nantón-Fisterra da 1ª
Veteranos: A parte alta mantense igualada tralo primeiro treito de competición

Desputábase este domingo unha nova xornada das Ligas de Veteranos. Unhas ligas moi intensas, tras un ano de parón, e que está tremendamente fermosa na parte alta das dúas categorías.

Os favoritos da D.H., na parte alta

Na División de Honra, os favoritos, que xa levan as últimas temporadas na zona alta, manteñen un bo ritmo. O San Lorenzo dos Edgar, Maza… suma 20 puntos (non fallaban ante o sempre temido San Román esta pasada semana), e son, xunto ao Ponteceso, os dous únicos equipos que aínda non coñecen a derrota nas 8 primeiras xornadas. Os pontecesáns teñen 18 puntos tras vencer ao Porteño.
Segue por aí, con 17, o Sporting Zas de Norberto, Víctor Vecino, ou os irmáns Pichín e Rubio, que facían os 3 goles cos que vencían ao Cabana esta fin de semana.
Ademais, o Dumbría dos Diego Lojo, Fandiño, Nico… mantense con 16 puntos tras vencer en Mazaricos.

Non cambia tampouco a parte alta da lista de pichichis. Josiño, mítico goleador do Coristanco, leva xa 12 goles (3 de penalti) en apenas 7 partidos. Un partido menos leva Edgar, do San Lorenzo, sumando xa 9 tantos. Cun menos está Pichín, do Zas. Xa con 6 atopamos a Miguel, do Dumbría, con 5 a Rubio, do Zas; a Wii, do Porteño; e a Diego Lojo, do Dumbría.

Cambio de líder na 1ª

Luis Giance pichichi Nanton
Luís Giancé é o pichichi da 1ª

Apenas 6 xornadas (con equipo descansando) levan na 1ª, pero esta semana houbo cambio de líder. O Soandres caía ante o Bértoa, e o Leiloio e o Nantón aproveitaron para meterse por diante. O cadro malpicán vencía 4-1 ao Corme, mentres que os cabaneses superaban por 2-1 nas Fontiñas ao Fisterra, nunha longa segunda metade na que o partido seguía aberto ata o final.
O Oza, que caía ante o Malpica, e o Sofán, seguen de preto a zona alta.

Outro dos eternos goleadores do noso fútbol, Luís Giancé, do Nantón, vai de pichichi, con 5 goles en 4 partidos. Por detrás, con 4 tantos, sitúanse Ángel Casal (Malpica), Morán (Soandres), Robin Mallo (Oza), Dani Calvete (Buño), Álvaro (Leiloio), Sande (Nantón), e Niang (Corme).

As táboas en www.futboldacosta.com.

Comentarios