Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A RFEF determina finalizar as Ligas non profesionais sen descensos

comunicado-oficial-rfef
A RFEF determina finalizar as Ligas non profesionais sen descensos
A Real Federación Española de Fútbol vén de propoñer unha resolución das competicións non profesionais. Determina a finalización das Ligas Regulares das distintas competicións federativas sen descensos.

O ente federativo sinala que na 2ª División B e na 3ª División si haberá fase final, en formato exprés, a porta pechada, salvo en categorías xuvenís onde se dá por terminada a tempada e se practican os ascensos. Na nosa zona a decisión provoca que o Paisaco, que marchaba último na táboa, manteña a categoría e volverá competir co Bergantiños na 3ª División.

A decisión provocará que haxa 100 equipos na 2ºB a tempada que vén, polo que haberá 5 grupos, posiblemente con subgrupos para facer a liga máis curta. Ademais, terminada a tempada 20/21, e unha vez aplicados os ascensos e descensos de 2ª División A, crearase unha nova categoría coa súa propia competición na tempada 21/22 entre 2ª División A e 2ª División B, con dous grupos de 20 equipos.

Das “nosas” ligas (Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galicia) a RFEF non fai referencia algunha, polo que teremos que agardar á decisión da Real Federación Galega de Fútbol, dende onde piden “calma”.

Novas de Fútbol Confinado

 

Comentarios