Martes. 23.04.2024
El tiempo

A RFGF asumirá o custe do Seguro de Responsabilidade Civil dos clubs

A RFGF asumirá o custe do Seguro de Responsabilidade Civil dos clubs

ogo futgal

En marcha este diferente comezo de Liga. Cos equipos da Preferente xa no campo e boa parte dos de 1ª negándose a saír cunha resposta unificada, seguimos pendentes do que aconteza no resto de competicións costeiras en canto se vaian abrindo os prazos de inscrición.
E seguimos pendentes das posibles sancións ás que se enfronten os equipos que, por precaución, decidan non saír a competir.

Mentres, a Real Federación Galega de Fútbol vén de anunciar unha nova liña de axudas para que a saída dos clubs non sexa tan dramática. A entidade tivo a ben escoitar, apuntar e levar a cabo unha desas ideas que saen da cabeza do noso Alberto Pose, que durante unha conversa lle trasladaba á Directiva do ente federativo a necesidade de tomar medidas concretas como a asunción do custe (uns 190€) da póliza do Seguro de Responsabilidade Civil que cada club ten que afrontar.

A esta subvención pódense acoller todos os clubs non profesionais con actividade e licenzas tramitadas e que estean adheridos ou se adhiran á póliza que a Federación ten contratada, previo concurso público, dende 2016.
Trátase dunha subvención para o ano natural 2021 e destinada tanto aos clubs que xa están adheridos á póliza federativa como aos que se adhiran a partir de agora desde a data desta comunicación, mediante formulario que se poñerá a disposición dos clubs na plataforma web oficial.

A entidade anuncia outras medidas para os vindeiros días.

Novas relacionadas

Comentarios