Martes. 19.03.2024
El tiempo

A RFGF pensa na primeira fin de semana de outubro para o comezo das competicións

A RFGF pensa na primeira fin de semana de outubro para o comezo das competicións

Sendo aínda algo absolutamente provisional e sen ofrecer nada definitivo, a Real Federación Galega de Fútbol quere saír hoxe a ingtentar solventar algunhas dúbidas de ducias de clubs do fútbol galego. Nun comunicado, o ente federativo explica que “o obxectivo de partida é comezar as ligas de ámbito autonómico durante o mes de outubro (as competicións con maior número de equipos, como é o caso de Preferente, arrincarán a fin de semana do 3-4 de outubro), sempre e cando o permitan as autoridades sanitarias”. No caso das competicións de ámbito nacional, a RFEF xa fixo oficiais algúns calendarios e están á espera de noticias ao respecto das demáis competicións.

Nos próximos días a Federación comezará unha serie de reunións cos clubs de toda Galicia, de xeito telemático, para ir informando dos plans competicionais, aínda que todo sempre supeditado á evolución da situación sanitaria, por iso é importante subliñar que polo de agora non serán plans competicionais definitivos. Nas vindeiras semanas haberá datas enriba da mesa.

Comentarios