A RFGF pon data ao comezo das competicións masculinas
Se ben as competicións comarcais non comezarán antes do 17 de outubro, a RFGF vén de anunciar as datas de comezo das principais competicións do fútbol masculino autonómico.
O Sofán, que onte comezou a pretemporada onte, arrincará o 12 de setembro a temporada na 3ª RFEF:
Os equipos da Preferente (Fisterra e Xallas) farano o 19 de setembro (os grupos con maior número de equipos) e 26 de setembro (grupos con menor número de equipos).
Os de 1ª Galicia (Baio, Corme, Dumbría, Mazaricos, Ponteceso, Volantes e Soneira) empezarán o 10 de outubro (grupos con maior número de equipos) e 17 de outubro (grupos con menor número de equipos).
Ademais, o Bergantiños da Liga Nacional Xuvenil comezará a competición o 19 de setembro, mentres o Dumbría da Liga Galega Xuvenil o 26 de setembro (grupos con maior número de equipos) e 3 de outubro (grupos Pcon menor número de equipos). O comezo dos Dumbría e Bergan da Liga Galega Cadete será o 3 de outubro mentres que o de Infantil o 26 de setembro (grupos con maior número de equipos) e 3 de outubro (grupos con menor número de equipos).
As datas de inicio das competición do fútbol feminino e do fútbol sala daranse a coñecer nos vindeiros días, pero esta previsión de datas podería sufrir cambios debido á evolución da situación sanitaria.
O prazo de inscrición ábrese hoxe mércores 21 de xullo para todas as categorías e irase pechando de maneira progresiva en función do inicio de cada competición.