A RFGF non porá en marcha a competición de 1ª, 2ª e 3ª Galicia
22:30 04/01/21
Este luns a Real Federación Galega de Fútbol mantiña unha reunión cos clubs xa inscritos da 1ª Galicia. Unha reunión á que acodiu o Volantes, como único equipo costeiro, trala decisión dos outros 6 equipos implicados de non inscribirse.
A falta de que mañá dea detalles públicos, o ente federativo comunicou hoxe aos clubs que non vai comezar a competición na categoría, ante as diversas posicións dos clubs de toda Galicia. Ningún dos grupos da 1ª Galicia se vai poñer en marcha.
Unha decisión que case con seguridade vai acarrear a suspensión tamén da 2ª e 3ª Galicia.
Dende o Volantes, acatan a decisión e, gardan o traballo feito en canto a socios e patrocinadores para o curso que vén, cando o club cumple 10 anos.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: Unha resposta común.
- A Preferente e as Ligas Galegas de Base si comezarán este xaneiro.
- Os equipos costeiros de 1ª néganse á competir.
- Xa temos datas concretas para o inicio das primeiras competicións.
- Que pensan os clubs do Fútbol da Costa sobre o regreso á competición?:
- A Preferente e a 1ª Galicia volverán competir o 24 de xaneiro