Rodou o primeiro balón para os Alevíns e Benxamíns do F8


Xa temos na nosa plataforma www.futboldacosta.com os calendarios completos das primeiras ligas dos máis pequenos que e poñen en marcha. Son, un ano máis, os Alevíns e Benxamíns da zona sur os primeiros en poñer a rodar o balón.
A máis intensa será a Liga F8 Alevín Costa Sur, con 16 equipos en liza, entre os que hai varios clubs que doblan a súa participación. Así, Dumbría, Sofán (que volve decidir virse competir ao Sur porque a competición é máis longa), o Lira, Os Miúdos e o Xallas, son os equipos que presentan equipos A e B. Con eles, compiten Outes, Zas, Cee, As Baleas, Fisterra e Esteirana.
Xa se disputou a primeira xornada, con varias goleadas, que deixan ao Dumbría A, Fisterra, Sofán A, Outes, Cee, Esteirana e Xallas A, cos tres primeiros puntos.
Pola súa parte a Liga F8 Benxamín Costa Sur adaptou o calendario á Alevín, pero só compiten 11 equipos, polo que durante moitas xornadas serán varios equipos os que descansarán. De novo o Xallas e Os Miúdos presentan doble participación, ante o Fisterra, Esteirana, As Baleas, Sofán, Dumbría e Cee, que tivo que retirar un dos equipos que inscribira a priori.
Que disfruten do mellor Fútbol Base costeiro. Nós seguiremos traendo os resultados cada fin de semana!
Resultados e Clasificacións
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: Tarde de alta escola no Conco.
- 3ª Autonómica: Unha xornada de baixa.
- 2ª Autonómica: Cando a vida está por riba de todo.
- 1ª Autonómica: 6 minutos de acerto.
- Preferente: Pechando a táboa.
- Unha xornada marcada por un grave susto.
Conversas co Mito
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as facía eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).