Veteranos: O San Lorenzo firma o doblete
22:31 26/06/22
Espectacular doblete do San Lorenzo de Veteranos. O cadro de Verdillo vencía esta mañá de domingo 26 de xuño ao San Román na gran festa do Fútbol Veterán e sumaba, á Liga conseguida en maio, unha nova Copa da Costa.
Os vermellos vencía na finalísima, celebrada en Xaviña, a un gran San Román, por 3-1. Xa no m.2 Puñal adiantaba aos carballeses e antes do descanso Cancela facía o segundo. A sentenza chegaba dende os 11 metros e só a 20 do final, por medio de VIcente, puidendo só o San Román recurtar nos últimos instantes pero xa festa dos de Verdillo montada.
Novas relacionadas