venres. 15.11.2024
El tiempo

Veteranos: O Oza celebra o título da 1ª

  • O Razo tamén ascenderá a D.H. onde o San Lorenzo acariña,outra vez, o título de campión.
veteranos do Oza campions da 2
O Oza campión
Veteranos: O Oza celebra o título da 1ª

A unha xornada para o final, o SD Oza vén de proclamarse campión da 1ª División de Veteranos. O cadro carballés non fallou ante a visita do Buño e aproveita que o Razo ten un partido máis para alzarse ca copa de Campión.

Ambos conxuntos ascenden directamente á División de Honra.

Loitarán pola 3ª praza de ascenso os participantes na promoción: Soneira, Malpica, Nantón e Corcoesto.

Na Div. Honra

Quedan 3 xornadas para o remate da División de Honra e o San Lorenzo está preto de repetir o doblete do ano pasado. Os de Verdillo, que tiveron que adiar op partido da fin de semana ante Ara Solis, teñen 2 puntos máis que o San Román con ese aínda partido pendente.
Seguramente os dous serán ademais os representantes costeiros no Campionato Galego.

Pola zona baixa, co Fisterra descendido dende hai tempo, tamén contan os días na D.V. os Mazaricos e Leiloio.

Novas relacionadas

Comentarios