As Seleccións da Costa competiron ao máximo nivel nos Campionatos Galegos
Disfrutou o Fútbol da Costa da gran festa do fútbol base de Galicia. Os campos do Conco e o San Paio de Refoxos acollían, gracias á insistencia do CF Dumbría, os Campionatos Galegos de Seleccións Comarcais nas categorías sub 11 e sub 13 masculinas e sub 11 e sub 14 femininas (o F8, as sub 11, no Conco e o F11 en Cee). Máis de 500 deportistas de todo o país, con todas as súas familias, ateigaron os campos costeiros.
E unha das conclusións máis importantes é que o combinado amarelo xa compite man a man co resto de seleccións comarcais. Sobre as féminas, demostrando que a revolución do FUTFEM que vive a comarca nestes últimos anos é xa unha realidade.
A Amarela
A mellor competidora das nosas seleccións foi a Sub11 feminina, que venceu a Pontevedra por 2-0, empatou con A Coruña e Santiago e endosou un 4-0 a Ferrol. Pasan como segundas clasificaadas á seguinte fase.
Non tivo tanta sorte o combinado sub-14, que caeu 1-3 con Pontevedra e 2-0 con Lugo e ten moi complicado o pase.
Pola súa parte, en masculina, a sub-11 conseguíu empatar a 1 con Ferrol, pero perdeu con Pontevedra, Coruña e Santiago.
A sub-13 masculina, en cambio, conseguiu empatar con Pontevedra e caeu ante Lugo.