As Seleccións da Costa Masculinas disfrutaron do torneo de Entroido

A sub13 celebrando o tanto e Pablo Gandarela

Os campos de O Lourambal, en Porriño, acollían a Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais (delegacións federativas) nas categorías masculinas Sub-11 e Sub-13 (martes toca a feminina). Alí estiveron o combinado costeiro, a Amarela, que se ben non conseguiron os mellores resultados, si que competiron mellor que nunca e viviron unha experiencia fantástica.

A sub13 de Leo Picallo (Cee) (ademais de De la Sierra e Ezequiel), competindo xa en F11, só disputou 2 partidos da primeira fase, caendo 1-3 ante A Coruña (gol de Pablo Gandarela) no primeiro choque e un apretado 2-0 ante Lugo.
Polo combinado xogaron Mauro Agrelo (Cabana), Gael Alonso (Vimianzo), Samuel Vieites e Hugo Antelo (Outes), Sergio González (Cee), Aarón Santiago (Carnota), Moisés Pérez (Cerqueda), Pablo Gandarela (Outes), Mateo Fdez (Cee), Borja Përez (Vimianzo), Xavier López (Vimianzo), Diego Maneiro (Muxía), Eloi Lavandeira (Sofán), Fabio Facal (Xallas), Mateo Torres (Cabana), Brais Rey (Escolas Juan Cabrejo Camariñas), Adrián Reymúndez (Sofán) e Adrián O. Suárez (Coristanco)

 

Pola súa parte, a sub-11 de Carlos Romero (Outes) (con Marcos González e Tomé) conseguían debutar con empate a 1-1 ante Lugo, co tanto de Sergio Fdez.. Despois, antes do parón para comer, caían 6-1 ante Coruña, e pola tarde sucumbían 6-0 ante Vigo e 8-1 ante Pontevedra.
Xogaron polo combinado costeiro Juan Andrés Ibáñez (Outes), NIco Gómez (Cabana), Sergio Fdez. de Larrinoa (Cee), Jorge Méndez (Dumbría), Íker Gil (Outes), Lucas Bras (Sofán)=, Alejandro Otero (Carnota), Marco Cancela (Cabana), David González Santos (Os Miúdos), Íker Rod. Capelo (Carnota), Alex PIcallo (Cee), Sergio Insua (Zas) e Xavi Otero (Carnota).
 

A sub11 celebrando o tanto

Podedes ver os partidos do torneo neste vídeo:

A Amarela feminina, este martes en Mos

Os campo de fútbol Municipais de Cotorrón e As Baloutas serán os escenarios que alberguen este martes a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais SUB 11 e SUB 14 femininas nun evento que conta coa colaboración do Concello de Mos, do club Louro Tameiga e da Unión Deportiva Mos.

NOVAS RELACIONADAS