As Seleccións da Costa Masculinas disfrutaron do torneo de Entroido
Os campos de O Lourambal, en Porriño, acollían a Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais (delegacións federativas) nas categorías masculinas Sub-11 e Sub-13 (martes toca a feminina). Alí estiveron o combinado costeiro, a Amarela, que se ben non conseguiron os mellores resultados, si que competiron mellor que nunca e viviron unha experiencia fantástica.
A sub13 de Leo Picallo (Cee) (ademais de De la Sierra e Ezequiel), competindo xa en F11, só disputou 2 partidos da primeira fase, caendo 1-3 ante A Coruña (gol de Pablo Gandarela) no primeiro choque e un apretado 2-0 ante Lugo.
Polo combinado xogaron Mauro Agrelo (Cabana), Gael Alonso (Vimianzo), Samuel Vieites e Hugo Antelo (Outes), Sergio González (Cee), Aarón Santiago (Carnota), Moisés Pérez (Cerqueda), Pablo Gandarela (Outes), Mateo Fdez (Cee), Borja Përez (Vimianzo), Xavier López (Vimianzo), Diego Maneiro (Muxía), Eloi Lavandeira (Sofán), Fabio Facal (Xallas), Mateo Torres (Cabana), Brais Rey (Escolas Juan Cabrejo Camariñas), Adrián Reymúndez (Sofán) e Adrián O. Suárez (Coristanco)
Pola súa parte, a sub-11 de Carlos Romero (Outes) (con Marcos González e Tomé) conseguían debutar con empate a 1-1 ante Lugo, co tanto de Sergio Fdez.. Despois, antes do parón para comer, caían 6-1 ante Coruña, e pola tarde sucumbían 6-0 ante Vigo e 8-1 ante Pontevedra.
Xogaron polo combinado costeiro Juan Andrés Ibáñez (Outes), NIco Gómez (Cabana), Sergio Fdez. de Larrinoa (Cee), Jorge Méndez (Dumbría), Íker Gil (Outes), Lucas Bras (Sofán)=, Alejandro Otero (Carnota), Marco Cancela (Cabana), David González Santos (Os Miúdos), Íker Rod. Capelo (Carnota), Alex PIcallo (Cee), Sergio Insua (Zas) e Xavi Otero (Carnota).
Podedes ver os partidos do torneo neste vídeo:
A Amarela feminina, este martes en Mos
Os campo de fútbol Municipais de Cotorrón e As Baloutas serán os escenarios que alberguen este martes a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais SUB 11 e SUB 14 femininas nun evento que conta coa colaboración do Concello de Mos, do club Louro Tameiga e da Unión Deportiva Mos.
NOVAS RELACIONADAS
- Xaneiro 23: Marea de solidariedade nos Partidos das Seleccións da Costa QPC.
- Xuño 22: A Amarela no Torneo Luís Calvo: “Penso que realmente o disfrutaron un montón”.
- Xuño 22: Mario ca Sub12: “Está claro que na Costa talento hai”.
- Xuño 22: A sub12 volveu adestrar en Fontenla ás ordes de Mario e Carlos.
- Alberto Pose: A herencia da Amarela.