A Amarela no Torneo Luís Calvo: “Penso que realmente o disfrutaron un montón”
Tras apenas un par de semanas de adestramentos, a Selección da Costa Sub12 volvía competir esta pasada fin de semana no marco do Torneo Internacional de Carballo Luís Calvo Sanz. Unha proba de alto nivel para a nosa rapazada alevín que se tivo que enfrontar a equipos como Celta, o Deportivo, o Lugo, o Sporting de Gijón, o Pabellón ou o propio EF Luís Calvo Sanz carballés.
Deportivamente a Amarela rematou con 6 derrotas en 6 partidos, se ben estivo a piques de sumar ante o Pabellón (quedou 2-1 ante o que resultou o sorprendente campión do Torneo) e ante o CD Lugo. Algo que non sorprende téndose que enfrontar a equipos xa formados que ademais forman as mellores canteiras de toda a península.
En calquera caso, os resultados son o de menos, e o que importa é a experiencia. Sobre eso queremos falar con Carlos Romero e Mario Rodríguez, os seus adestradores, xunto con Tomé:
”Despois dunha tempada de transición, os nenos están coma todos nós, un pouco desubicados. Pero pódese dicir que os atopamos mellor do que pensabamos nun principio”, explica o de Outes. “Resulta moi dificil para eles en tan pouco tempo (15 dias) afacerse a uns compañeiros novos cos que xogar”, sinala. De feito, recoñece que “a convocatoría foi se cabe mais dificil que doutras veces pola premura da mesma, con moi pouco tempo para ver partidos e nenos, con 20 equipos onde elexir de toda a Costa”.
”Para os nosos rapaces era a súa primeira experiencia nun torneo coa selección. É unha experiencia nova e ademais do reto deportivo está a experiencia de compartir co resto de compañeiros da Costa e dos demais equipos unha fin de semana de convivencia nun torneo realmente atractivo. Penso que realmente o disfrutaron un montón”, conta.
Ademais, “o comportamento de todos eles non puido ser mellor. A convivencia esta fin de semana entre eles e co corpo técnico foi de verdade, espectacular. Non queda mais que agradecérllelo a nenos e pais/nais. Ver o disfrute dos nenos durante adestramentos, partidos, comidas, etc. non ten prezo”, apunta Carlos.
”Foi unha fin de semana fantástica”, recoñece tamén Mario. “Sentinme un privilexiado poder disfrutar das mellores canteiras de Galicia. Só espero que os rapaces marchasen polo menos a metade de satisfeitos ca min, e non se queden cos resultados e si con ter competido partidos ata o final e ca experiencia e lles dea ánimos a seguir traballando e esforzándose para lograr chegar o máis lonxe posible”, aconsella o coristanqués.
Futuro
De cara á tempada que vén, semella que as Seleccións Comarcais volverán competir. Non se sabe cando nin como, pero si que se lles volverá a poñer en marcha o Campionato Galego. ”Para min e unha das actividades da Federación que deberían coidar”, sinala Carlos.
Convocatoria
Estes foron os rapaces que participaron no torneo:
Club | Xorgador |
Cabana | Mateo Torres Mauro Agrelo |
Vimianzo | Borja Pérez Xavier López |
Cee | Sergio González Mateo Fernández |
Cerqueda | Moisés Pérez |
Coristanco | Daniel Suárez Adrián Suárez Ángel Remuiñán |
Outes | Aitor González Pablo Gandarela Samuel Vieites Hugo Antelo |
Xallas | Jorge Feal Fabio Facal |
Novas relacionadas
- Xuño 22: Mario ca Sub12: “Está claro que na Costa talento hai”.
- Xuño 22: A sub12 volveu adestrar en Fontenla ás ordes de Mario e Carlos.
- Alberto Pose: A herencia da Amarela.