Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O SERGAS compromete o comezo da Preferente e das Ligas Autonómocas de Base

O SERGAS compromete o comezo da Preferente e das Ligas Autonómocas de Base

O Conselleiro de Sanidade anunciaba este mediodía nunha rolda de prensa novas medidas para paliar o perigoso avance do coornavirus no país. Ademais de avisar de que se o goberno central modifica o decreto do Estado de Alarma, estudiará a posibilidade de adiantar o toque de queda (probablemente ás 20:00h), a Xunta anuncia a suspensión do deporte federado autonómico.

Unha implicación que atinxe a deportes en marcha como o baloncesto, o hoquei… E tamén ao Fútbol da Costa, xa que a Preferente, que tiña previsto comezar este vindeiro 31 de xaneiro coa participación de Xallas FC e SD Sofán, terá que esperar.

Tamén quedan pendentes as Ligas Galegas de Base, nas que ían competir os 3 equipos do CF Dumbría.

Esta tarde, ás 19:00h todas as Federacións Deportivas de Galicia están convocadas a unha xuntanza cos Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para tratar a situación actual do deporte federado. Posteriormente darán conta das decisións.

Comentarios