Venres. 26.04.2024
El tiempo

O trío de Deporcampus costeiros arrincará en Cee

Deporcampus Cee 2023
O trío de Deporcampus costeiros arrincará en Cee

Volve o Deporcampus espallar a súa semente pola comarca. Cee, Carballo e Zas acollerán sendas semanas de adestramento branquiazul. Serán do 3 ao 7 de xullo en Cee, do 10 ao 14 en Carballo e do 17 ao 21 en Zas.

Onte tivo lugar a presentación da edición de Cee. Por terceiro ano consecutivo a Fundación RC Deportivo desenvolverá este campus durante a primeira semana do mes de xullo (do 3 ao 7 xullo) no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee.

En presenza de Ramón Iglesias (Presidente S.R.D. Unión Club Cee), Pablo Barros (Coordinador actividades formativas “Fundación RC Deportivo”) e Margarita Lamela (Alcaldesa de Cee), valoraron moi positivamente este achegamento para que nenos e nenas da vila poidan disfrutar das cores da provincia e aprender cos mellores técnicos.

Será en horario de mañá de 10:00h a 14:00h.

Podes inscribirte aquí ata o 28 de xuño ás 12:00h.

Comentarios