Domingo. 25.08.2019
El tiempo

O Volantes de Baño rematou unha tempada espectacular cun empate ante o Villestro

O Volantes de Baño celebrando unha das tantas vitorias desta tempada.
O Volantes de Baño celebrando unha das tantas vitorias desta tempada.
O Volantes de Baño rematou unha tempada espectacular cun empate ante o Villestro

O Volantes de Baño rematou a tempada cun empate ante o Villestro na xornada final da fase de ascenso e acabar o curso futbolístico cunha gran festa.

Volantes de Baño FC 1 – 1 SD Villestro

Volantes de Baño FC: Marcos, Tiko, Thiago, Santi (Mou m.74), Godo, Pesco, Berto, Rachón (Rapante m.77), Cacho, Pri (Pardelo m.67).

SD Villestro: David, Jesús (José Manuel m.67), Conde, Jorge, Alejandro Baña, Diego (Pedro m.89), Rubén, Domingo (César m.86), José A., Iván e Guillermo.

Goles: 1-0 m.16: Cacho; 1-1 m.40: José A.

Expulsión: O local Berto no minuto 89.

Non había nada en xogo entre o Volantes de Baño e o Villestro, e iso fíxose notar ao longo dun partido que a tensión brillou pola súa ausencia e no que os dous equipos deixaron correr os minutos para poñer punto e final a unha tempada con sensacións encontradas, xa que os bañeses lograron ascender a Primeira Galicia na tempada da súa volta á Liga da Costa, mentres que os visitantes quedáronse ás portas dese soño.

Cacho sería o encargado de poñer por diante aos locais pero antes do descanso, os santiagueses lograrían poñer o empate de novo no marcador.

A pesares de todo isto, o equipo de Sil quixo a vitoria máis ca o rival e dous goles anulados por fóra de xogo con certa polémica privaron aos de Baño de completar unha fase de ascenso perfecta.

Comentarios