Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volve o carrusel de resultados en directo a www.futboldacosta.com

Volve o carrusel de resultados en directo a www.futboldacosta.com
carrusel futboldacosta.com copia 2 Esta fin de semana xa teremos case que ao completo o Fútbol da Costa! Xa temos os horarios actualizados en www.futboldacosta.com, ademais da 4ª xornada da Preferente e a 3ª da 1ª, da primeira xornada na 2ª, na 3ª, os Xuvenís, do Fútbol Feminino e mesmo os Veteranos, no seu primeiro curso no fútbol federado. Deste xeito este domingo teremos a partir das 17:00h o carrusel en directo do fútbol costeiro, que seguen máis de 4.000 persoas cada fin de semana. En www.futboldacosta.com actualizamos en tempo real os goles dos nosos 35 equipos en competición, das 4 ligas de arriba. Entre as citas singulares teremos un interesante derbi Soneira-Fisterra da 1ª. Na 2ª comeza a cousa moi igualada e na 3ª aínda están as espadas algo dispersas se ben hai varios equipos que non teñen moi confinado o plantel. Tamén arrinca as Miúdas e o Bergan nas Ligas Femininas de 2ª División. As de Gueli reciben ao Narón o domingo pola tarde nas Eiroas, mentres que as muradás viaxarán ata Ribadumia. Fan o propio os Xuvenís, tamén tras unha curta pretemporada, mentres os Infantís esperan polo calendario oficial…

Táboas sempre actualizadas en www.futboldacosta.com

Comentarios